O Refuxio

Un ano. 365 días sen ti, avoa.

Un ano. 365 días sen ti, avoa. Xornadas nas que, a diario, te boto en falta. E non imaxinas canto. Eras todo para min. Por suposto, o motor fundamental desta empresa, á que tanto adicaches. Pero moito máis. Tamén o motor da miña vida, a que me daba folgos cando máis o precisaba. A que … Ler máis

Hoxe cumpre anos a irmá que sempre agradecerei ter

Hoxe é o seu día. Cumpre anos miña irmá. Unha irmá que sempre agradecerei ter e que se merece que os seus días sexan todos de ledicia. Sempre estivo comigo. Pero foi nos momentos máis difíciles nos que se converteu no apoio que máis precisaba, na fortaleza que ás veces me faltaba e nas risas … Ler máis

Hoxe cumpre anos a persoa da miña vida

Hoxe está de cumpreanos a persoa da miña vida. O meu home, Álvaro. Tódalas palabras que poida dedicarlle fanse poucas. Todos sabedes do seu enorme apoio. Da súa axuda, constante, incondicional. Sempre. Cada día. Por iso, hoxe máis que nunca quero darlle as GRAZAS. Así, en maiúsculas. Porque aínda que llas dese a cada segundo … Ler máis

Disfruta da túa mamá, botarala de menos

Volvo estar feliz de redactar unha nova entrada neste blog, nacido para, dende a total humildade, comentarvos que pequenas cousas me fan feliz a min. Se consigo sacarvos tamén a vós un sorriso, doume máis que por satisfeita.

Agora que celebramos o día da nai, sei que non teño a gran sorte de poder ter á miña presente. Pero si teño a gran sorte de tela no meu corazón e de levala comigo. Polo tanto, disfruta de toda a familia pero sobre todo da túa “mamá”. Na maior parte dos casos, como di o dito, só hai unha. Hai casos, coma o meu, no que tamén as avoas se converten en nais. Hoxe tampouco me acompaña pero sei que dende onde están, velan por min e me aman.

Teño a gran sorte, ademais, de ter outra mamá na terra: Celsa. É unha persoa que sempre está aí, sempre. Esta vida é unha auténtica marabilla, recordo aos meus con grande alegría e, sobre todo, nestes momentos especias.

O meu desexo: disfruta a túa nai cando che bote un berro, cando vaiades de compras, cando fagas algo mal, cando te oriente… algún día, todo isto botaralo de menos.

Grazas por leerme. Sede sempre felices.

Que vivan as mulleres!

Que vivan as mulleres. As que teñen fillos. As que non os teñen. As que os perederon. As ordenadas. As desordenadas. As atrevidas. As reservadas. As que se preocupan polos que teñen preto. Que vivan. Que vivan as que un día marcharon. E as que nunca se foron. Que vivan as que superaron obstáculos. E as … Ler máis

Nove anos dun soño feito realidade: grazas, Silleda

Grazas, grazas e grazas. A todo o pobo de Silleda. A cada un dos que pasastes por O Refuxio ao longo de todo este tempo. O que comezou tan só como unha idea divertida, unha intención de abrir unha cervexería, fixo que o noso apego á localidade se fixese moi pero que moi especial. Acolléronnos do mellor xeito posible e, despois de nove anos, teño grandes amigos e moita ilusión por seguir adiante. O día de mañá, quererei dicirme a min mesma e a todos os meus que o logrei, que o meu soño de adolescente se fixo realidade. É un gran reto pero tamén unha gran satisfacción persoal e profesional, especialmente nestes tempos difíciles.

img-20170303-wa0006

Necesito darlle especialmente as grazas á banda de Silleda, pois é un gran apoio para o local. E, asimesmo, a todos e cada un dos clientes máis especiais: Miguel, Lucho, David, Jose, Javi, Camilo, Andrea, Sergio, Felipe, Eva, Constantino, Cosmin, Toni, as profes da Galiña Azul, os traballadores de Correos, os alumnos das clases de baile de Silleda, os dos negocios próximos e moitos e moitos outros que forman parte da familia do Refuxio.

Todos os grazas que poidamos dar serán poucos. Só vos podemos prometer algo: cada día, trataremos de seguir dando o mellor de nós. Grazas por os nove primeiros dos que, agardamos, sexan moitos anos xuntos!

diseno-sin-titulo

Os meus fillos cumpren anos e eu cumpro soños

Oito anos. Oito aniños de Miguel. É un día moi moi especial. Faise realidade un soño que, para min, cheguei a crer imposible: ver como os meus fillos cumpren anos. Para todas as nais, é un orgullo poder celebrar con eles cada aniversario. Pero permitídeme que eu o sinta un pouquiño máis especial: houbo moitos momentos en que non o tiven demasiado seguro.

Oito aniños son os que fai o meu pequeno. Chegou ás nosas vidas, con seu irmán, para enchelas de ledicia. Como pais, non podemos estar máis felices. Ver o seu sorriso, a súa ilusión e as súas ganas de descubrir a diario todo o que o mundo agocha é o agasallo máis especial que puidemos pedir.

Grazas!

img-20170227-wa0017img-20170227-wa0016img-20170227-wa0015img-20170227-wa0014img-20170227-wa0010img-20170227-wa0013img-20170227-wa0011img-20170227-wa0020img-20170227-wa0019

Pase o que pase, nunca deixedes de festexar

Como o era miña nai, tamén eu son unha forofa do entroido. É unha desas festas para min entrañable. Desas que sei que si ou si, irei. Os disfraces, as comparsas, a música… todo o asociado a estas datas me encanta. Pero certo é que levaba anos sen vivilo como eu quixera. Primeiro o tratamento de quimioterapia, logo as consecuencias do mesmo… sempre o celebrei, pero non do xeito que me gustaría.

Pero iso é o pasado. Porque o presente acaba de regalarme un Entroido por todo o alto. Síntome estupendamente ben de saúde e aínda que teño moito traballo estes días nada me aparta destas celebracións. Non importa que durma catro horas! Levo os nenos, vou eu e toco na charanga Os Veteranos de Merza.

Ademais, grazas á maquillaxe da miña amiga Belén, non me falta detalle! Con todo isto, quero dicirvos que pase o que pase non deixedes de facer todo aquilo que vos fai sorrir. Aquilo que vos define, o que vos fai sentir ben. En definitiva, o que vos fai vivir.

E, agora, a gozar do Entroido! Felices festas!