O Refuxio

Dáseme o gusto de cumprir un ano máis: hoxe conto 36

Estou de cumpreanos. Tódolos días son para min especiais. É algo que aprendín pouco a pouco. A valorar cada un deles como o que é, único. Pero hoxe é un pouquiño máis especial. Hoxe cumpro anos: 36. Dáseme o gusto dun ano máis e quero dar as grazas.

A cada un dos anxos que, dende o ceo, miran por min. Que me protexen. E tamén á vida, por darme días de ledicia cos meus. Cos meus nenos, que son o máis importante que teño. Co meu home, con miña irmá, con cada un dos que me rodea… Gracias mamá estou moi orgullosa de sair de ti. Amote.

Quero aproveitar para animarvos a todos, os que estades pasando ou pasastes algún momento delicado. O máis importante é a saúde e debemos evitar preocuparnos por asuntos que moitas veces semellan grandes e son ben pequeniños. O que importa é vivir e disfrutar dos que nos rodean.

E iso, como cada día, é o que vou facer hoxe.

 

Grazas por estar preto.