O Refuxio

Foi posible pese a todo e grazas a todo

Foi posible. Foron posibles todos os meus proxectos. Pese a todo e grazas a todo.

Formada en dirección de cociña, o meu soño é agora poder ensinar a outros nun futuro. Mentres, disfruto o meu día a día.

Con estes relatos só pretendo tratar de axudar, se é posible, a calquera persoa que poida atoparse nunha situación similar.

Aprendín que é moi certo que a vida son catro días e que hai que disfrutala. Miña avoa morreu fai moi pouco, foi outro golpe duro. Pero deixoume tantas ensinanzas que me vexo capaz de afrontar o que me toque vivir.

Neste momento quero traballar para vivir pero non só vivir traballando. Ter tempo para os meus e especialmente para os meus nenos. Tamén para min mesma e para todos aos que dalgún xeito podo apoiar.

Por esta razón, con total humildade quero dicirvos que me atoparedes sempre no Refuxio. No teléfono. Onde precisedes. Oxalá a miña experiencia sirva de axuda.

Acabo, como non podía ser doutro xeito, cun GRAZAS maiúsculo a todos e cada un dos que estivestes preto.

Á miña plantilla, que comezou conmigo e seguimos xuntos. Quérevos, como xa sabedes. Tamén a Daniela e Yanina, que no seu momento tanto me axudaron ao bo rumbo da empresa. Carmen, Celsa e Cecilia, estou sen palabras.

Aos meus sogros, por estarme esperando coa comida feita. Con esa sopiña que moitas veces fun incapaz de tomar pero que tanto vos agradezo.

Á miña casa, por ser un gran fogar.

A todo o meu pobo.

A cada amigo e cliente, polo día a día.

A miña irmá, por ser ela.

Aos meus nenos, por ser a miña forza.

E, especialmente, ao meu home. Álvaro, non sei contar as veces que fomos a Pamplona. A cidade foi a miña segunda casa durante cinco anos. A nosa casa.

Hoxe, máis que nunca,

Grazas por lerme en O meu outro refuxio!

–Leva sempre un sorriso contigo–