O Refuxio

Unha voda, unha lúa de mel e unha nova que ninguén agardaba

“Todo parecía estable cando casei. Tiña 25 anos”. Así remataba o artigo anterior deste O meu outro refuxio. Como imaxinades, o da miña voda foi un día realmente feliz. Álvaro e eu dabámonos o si quero logo dun tempo de noivado case segredo porque eramos veciños e todos nos coñecían.

As últimas analíticas de miña nai foran antes do verán e, aparentemente, todo ía ben. Naquel momento xa fixera os meus cursos de masaxes e comezara a traballar no balneario con 20 anos, para abrir despois con miña irma unha cervexería que se convertiría nun éxito. Para saber se realmente me gustaba a hostalería, estiven un tempo no Hotel Katiuska. E descubrín que si. Cecilia, Paula e máis eu impulsábamos así O Refuxio, en Merza. Non sabía, entón, que era precisamente o meu amado Refuxio o que se ía converter no meu outro refuxio. Pero nada tería sido posible sen a axuda continua de moitas persoas: por suposto de miña avoa e de toda a miña familia -en especial da miña irmá Paula, fundamental no meu día a día-, de Celsa -unha segunda nai para min e unha irmá para miña nai- pero tamén de amigos que, mesmo estando lonxe, sempre estiveron preto, como é o caso de Silvia Martín.

IMG-20161112-WA0005 IMG-20161112-WA0007 IMG-20161112-WA0008IMG-20161112-WA0012 IMG-20161112-WA0013 IMG-20161112-WA0014Escanear 26

Como vos dicía, parecía que miña nai evolucionaba ben. Custoulle moito compartir connosco o día da nosa voda. Estaba moi cansa. Pero aínda así díxome que marchase, que me fose de lúa de mel. E así fixen. Non podía imaxinar, naquel intre, que á volta me agardaba unha mala nova. Paula confirmaríame que a nosa nai lle quedaba tan só unha semana de vida.

Como afrontar esta situación? Cada quen ten o seu xeito de facer fronte ás adversidades. Eu recordo que precisei camiñar soa, alomenos dez horas, para comezar a asimilar. Sería ela, novamente, a miña imparable nai, a que mesmo nese momento volvería darme unha nova lección de vida.

Grazas por lerme en O meu outro refuxio!

–Leva sempre un sorriso contigo–