O Refuxio

A Banda Artística de Merza no Gaiás

O sábado asistín á estrea en Galicia da Queen Symphony na que a Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati nos trouxeron á Cidade da Cultura a reinterpretación sinfónica dos éxitos da mítica banda inglesa, composta por Tolga Kashif. Foi todo un espectáculo!

Tiña gañas de rir, chorar, foron moitas emocións xuntas. Fun membro durante 15 anos de esta maravillosa banda e o que sentín non se pode describir con palabras. Quero darlle 1.000 gracias á banda, o director e a cada un dos músicos que a compoñen porque sen eles isto non sería posible.

Que sigan adiante con este proxecto maravilloso porque Merza merécese unha banda coma esta. É a mellor banda de Galicia, sen dúbida. Sobretodo en sentimentos e corazón. Hai moitas bandas moi boas en Galicia pero o que onte transmitiron na Cidade da Cultura foi único. Ata me desestresei!

Hai que seguir traballando e confiando neses músicos xa que o mais importante que ten Merza é a banda. Ata nenos de 3 anos estaban coa boca aberta durante o espectáculo! O sitio era idóneo para facelo e había moitísima xente.

Dende aquí quero pedirlle as administracións que axude ás bandas, que apoie á cultura para que todos poidamos medrar como persoas.