O Refuxio

13 anos xuntos

img-20170509-wa0005

 

Hai pouco máis que poida dicir del. É a miña vida. O meu home. Sen el, simplemente non me imaxino. Xusto polas festas da Carixa, démonos o primeiro bico. O primeiro de moitos, todos eles igual de especiais. Fai agora 13 anos que comezamos o noso camiño e si, o 13 é un dos meus números favoritos.

Neste fermoso aniversario, quero transmitirvos unha vez máis a importancia do amor. De quererse. Do día a día. Dos pequenos xestos. Do que implica unha vida ao carón de alguén. No meu caso, o meu home demostroume nos peores momentos que sempre podería contar con el. E demóstrao cada día. Por iso, os meus agradecementos sempre serán poucos.

Él é, tamén, o meu refuxio.

Grazas!

E grazas a todos vós!