O Refuxio

Ata pronto, amada Carixa!

Como sabedes todos os que me coñecedes de verdade, nacín para a hostelería, e hoxe é un día que ten un sabor agridoce, porque toca despedirse (por agora) da miña amada Carixa.

Escribo estas palabras para deixar unha pequena pegada no recordo, e para que sepades o motivo polo que decidín deixar o Chiringuito. O meu amado Refuxio e a Casa con Encanto seguen a medrar, e cada día teñen máis potencial. Por iso, véxome na obriga de tomar esta decisión, e centrarme en desfrutar a tope destes 2 negocios que tantas alegrías me dan.

Quero dar mil grazas, en primeiro lugar ao antigo alcalde por facerlle caso fai xa 15 anos a esta rapaza, que por aquel entonces era un torbellino, e lle explicou que quería abrir un local na Carixa. Púxome todo ao meu alcance para conseguilo.

Tamén dar as grazas a todas e cada unha das persoas do equipo, que alí estiveron dándoo todo. Falo sobre todo de Antía, recollendo pelotiñas da mini piscina como dicía ela; de Dani, que tamén comezou ahí e se fixo un gran profesional; de Jose, que como sabedes segue agora ao frente de Dúas Liñas en Arzúa; de Marcos, que hoxe traballa no Refuxio; de Cecilia, que rexenta o Refuxio de Silleda; de Celsa e Sandra, que moitísimas veces viñeron quitarnos de apuros e venderon unha morea de xeadiños; de Elena, que tirou dese local como se fose dela; de Adriana, que tamén pasou alí un verán como uhna campeona; de Sandriña, que tamén o deu todo con cada un de vós. 

Para todos eles só teño palabras de agradecemento. A parte de ser parte da empresa sodes parte da miña vida persoal, e iso é o mellor! Doulle moitas grazas á vida por ponerme no camiño xente tan marabillosa.

Grazas Álvaro polo apoio incondicional e por axudarme a poñer en marcha o local. Sen ti moitas veces non sería posible!

Pablo e Miguel, os meus amores, grazas por entender que mamá tiña que traballar mentres vós estabades xogando no parque. Medrastes na Carixa e por eso a amades tanto coma min. Sei que para vós aínda é difícil asimilar que mamá tomara esta decisión, pero é polo ben de todos. Agora poderemos desfrutar deste lugar tan especial para nós “desde o outro lado” e sentarnos tranquilamente a saborear un xeado xuntos. 

Cando dixen na casa: “chicos, mamá deixa a Carixa”, a contestación de Álvaro foi: “fas ben”. A contestación de Pablo: “mamá, estas segura? É unha pena” Pero a contestación de Miguel deixoume pasmadiña: “mamá, colloa eu!” Eu respondinlle: “Miguel, só tes 15 anos”, e él díxome: “dá igual mamá, eu podo”. 

Isto encheu o meu peito de orgullo, porque me ven moi reflexada no meu fillo.  Miguel, tes moito por diante antes de chegar aquí, pero nada me gusta máis que verte loitar polos teus soños.

Quero tamén dar as grazas ao alcalde que temos agora, por cada vez que o chamei escoitarme e intentar entender as necesidades que ten a Carixa, todo un reclamo turístico que é ben para todos mantela coidada e en boas condicións. 

Grazas a vós, os máis importantes, fieles clientes. Sen vós isto nunca tería sido posible.

Para min, a Carixa supuxo unha enorme aprendizaxe. Deume táboas, sobre todo para sair de apuros. Moitas comunións, bautizos, vodas, cumpleanos,… Moitísimas celebracións se me veñen agora á cabeza, e só me dán satisfación e recordos preciosos.

A comunión dos meus nenos, a da miña adorada afillada Carmen, as vodas de ouro dos avós, … Sei que aquí ,neste fermoso lugar, vai quedar a pegada da nosa familia para sempre. Pero sobre todo, vai quedar no recordó de moitísima xente. 

Grazas infinitas polo apoio a todos e espero vervos no Refuxio para tomar unha caña ou para desfrutar da nosa cociña, ou na Casa con Encanto. 

Desexo de todo corazón que a persoa colla o Chiringuito a partir de agora, o colla ca mesma ilusión que o collín eu, e que o ame eo desfrute moito.

Pero deixo claro que esta despedida non é un ata nunca, senón un ata pronto. Dentro dun par de anos, coas voltas que da a vida, quizá a Carixa e eu (ou alguén da miña familia) nos volvamos a reencontrar. Quen sabe?

Deixa un comentario