O Refuxio

Amor de filla infinito

Aquí sigo, Mamá.
Nesta parte do mundo, desfrutando cada intre que me deu a vida. Intentando vivir todo como si fose esa neniña á que ti inculcaches todo o que hoxe considero que son.

O primeiro legado que me deixaches é o de ser fiel a min mesma e amar todo o que toco como se me fose a vida nelo. Iso é o que me fixeches ver cada día, dende cada puntada que dabas tecendo os nosos vestidos, sen eu naquel intre poder percatarme do significado que hoxe terian para min os teus actos.
Perseverancia, amor, sacrificio, ilusión, metas, satisfación, compromiso, paixón, … Valores e principios que hoxe corren polas miñas venas, e que ti me transmitiche.

Que traballo máis grande fixeches, de verdade Mamá!!
Eu quero enviarche unha adicatoria especial hoxe, o día do amor. O día deso que sempre encheu o teu corazón, repleto de bondade para todos os que te coñecían.

Fúcheste xa fai 17 anos, nada máis e nada menos… Pero para min sempre quedaches ao meu carón, e ano a ano sigo amándote e recordando todo o bo que nos deixaches.

Grazas infinitas por derrochar sabiduría no teu día a día, e grazas por deixarme o teu sorriso en momentos duros que nos toca atravesar na vida.
Sei que onde estas dirás: “Natalia, fai así! Natalia! Natalia… Como cando me dabas os consellos eses que ti e eu sabemos e que naquel momento me sentaban tan mal, e hoxe son eu a que llos dá aos seus nenos.

Teño a sorte de verme reflexada en ti, en escoitarte nas miñas palabras e verte nos meus actos. Ámote máis ca nunca! Grazas pola forza interior que me regalache.

Que viva o amor incondicional!! Ese que nunca morre, ese amor que perdura no tempo, tan puro como o día que saín do teu ventre.

Mamá ámote infinito.

A tua nena,
Natalia.