O Refuxio

Un ano dun gran alquilado

Hoxe fai mais dun ano que teño este fermoso local alquilado a unha xente maravillosa, concretamente a Mohsan que rexenta o Madina Doner Kebab de Silleda. Por iso quero desexarlle dende aquí “feliz cumple de alquiler” e espero que celebremos moitos mais xuntos. A verdade e que tiven a sorte de coñecer xente cunha cultura e un pensamento moi diferente ao noso pero dinme conta que cuns sentimentos e corazón fermosísimos. O final, somos todos iguais. A decoración do local foi obra miña e foi feito con moita ilusión. Durante 8 meses traballámolo como un Gastrobar pero o cansancio non me permitía dedicarme ao Refuxio de Merza polo que decidín alquilalo. A verdade e que chegaron varios candidatos pero ningún me despertou esa enerxía positiva coma Mohsan. É a bondade en persoa. O final sorprendeste da xente que atopas pola vida e que  se acaban convertindo en amigos sexan de onde sexan.  

Pequeno gran cociñeiro

Sempre é un pracer traballar no que nos gusta, por iso son unhas boas datas para que cada un de nos desexe algo e ese algo se nos poida cumprir co paso do tempo. É un dos meus soños, é o traballo que teño e espero que o día de mañá poida ser tamén o soño do meu pequecho. Cada vez que di “mamá”, enchome de orgullo e alegría e dou as gracias por estar presente para poder velos medrar. Encántalle a cociña, a verdade é que non sei cal vai ser o seu soño pero sexa o que sexa se o leva co amor que ten hoxe dentro do seu corazón, sei que vai ser moi feliz e esa é a miña meta, lograr que sexa FELIZ. Deséxovos o mesmo para este ano, que vos propoñades ser o mais felices posibles e disfrutedes da vida porque é demasiado curta. BO NADAL!

Felicidades ao noso neno!

Hoxe é o cumpreanos dun rapaz que fai dous anos e medio entrou con moitas ganas de aprender esta profesión e que hoxe se está a formar para ser un gran profesional. Hoxe é o cumpreanos de José. Moitas felicidades! Temos moita sorte de terte ao noso lado xa que sen ti a empresa non sería o mesmo e quero darche as gracias por ser, ademais de parte de O Meu Refuxio, amigo. Digocho de corazón, xa que a pesar de que temos algún enfado puntual apreciote moito e sabes que te quero de corazón. ¡Celsa tamén pensa o mesmo! É un pracer verte medrar como persoa e como profesional. Sei que as nosas mamás dende onde estén están a dicir “mira estes dous”. Feliz día ao noso neno! Querémoste!

Noraboa ao meu músico favorito

Como xa sabedes, Álvaro é alguén moi especial para min e hoxe merécese un oco neste blog. Quero darlle a noraboa porque despois de ensaios e mais ensaios acaba de ser mais que recoñecida a súa labor como director da Banda de Música Cultural de Teo ao gañar o Certame Galego de Bandas de Música. Noraboa, telo mais que merecido! Como digo sempre, todo esforzo sempre vale a pena e ten a súa recompensa. So había que escoitar esa banda no auditorio de Santiago de Compostela, sentir esa música e sobre todo ver ao público en pé para saber que levaríades algo para a casa. O que mais me emocionou foi ver a esos nenos e nenas, mozos e mozas, sentindo a música como a vida, amistade e amor. Dentro da banda sabemos que o tendes mais ca presente. Sobre todo tendo a este director que o da todo por vos, e sei que vos por el. Noraboa a toda a banda polo premio recibido no día de onte. Viva a banda de Teo! Viva a música!

Cada día coma hoxe, dou as gracias por estar aquí

Hoxe, sendo o Día Internacional do Cáncer do Mama quero aproveitar para escribir unhas palabras nesta plataforma que tanto me axudou persoalmente. Teño chorado moito, sobre todo cando acabo de escribir e recordo con nostalxia a cada un dos seres queridos que xa non me acompañan no meu día a día pero sei que dende onde están me dan todas as súas forzas para ser mellor persoa. Para loitar polos que me rodean. Hoxe quero transmitirvos a todos que intentedes ser felices o máximo tempo posible, que a vida é demasiado curta e que deixemos de pensar en facernos dano a nos mesmos gastando enerxía que non sexa positiva. ¡Quero que sexades felices! Amando a vida, aos vosos fillos, irmáns, familia, amigos e veciños. Por suposto que todo o que vivimos na vida non é sinxelo, que me ides contar a min que pasei dous cancros. Por iso vos pido dende o mais sincero amor que lle poñades un sorriso á vida. Que teñades metas e intentedes conseguilas. Unha persoa con cáncer sabe do que lle falo cando os días de quimioterapia se converten nun dos peores da túa vida. Non hai palabras para describir o que un sente e sobre todo as consecuencias que nos quedan de por vida. Cada día que me levanto da cama digo “veña Natalia a traballar, intentao con todas as forzas e da o máximo de ti”. O día que teño que quedar na casa por dor de osos, aínda me doe mais non ir a traballar que a dor que teño no corpo (que queredes, gústame traballar). Non pretendo ser un exemplo pero si me gustaría que tomarades a mesma actitude para que cada día sexades mais e mais felices. Con esforzo, sacrifico e esperanza se pode conseguir. Cada ano que pasa e cada día coma hoxe, dou as gracias por estar aquí convosco. Agora mesmo son moi feliz. Gracias por seguirme.

Parabéns Ceci, amiga, irmá e compañeira

Hai xente importante na miña vida. Moita. Como sabedes teño a gran fortuna de ter a grandes persoas ao meu carón. E hoxe é o día dunha delas, de Ceci, que celebra o seu cumpreanos. Amiga, irmá, compañeira… tódalas palabras son poucas para ela. Realmente, é alguén máis que especial, logo de tódolos anos que levamos xuntas. Grazas é pouco dicir, moi pouco. Só espero estar, nesta vida, sempre ao teu lado. É un orgullo compartir a vida contigo. Perdona porque moitas veces o estrés non nos permite ter tempo para todo pero sendo nenas comezamos no Refuxio e aquí seguimos. Nunca olvidarei aqueles días de festa nos que volviamos abrir as portas pasadas só unhas poucas horas. Quérote Ceci! Parabéns no teu día! Grazas por formar parte do meu!

13 anos xuntos

  Hai pouco máis que poida dicir del. É a miña vida. O meu home. Sen el, simplemente non me imaxino. Xusto polas festas da Carixa, démonos o primeiro bico. O primeiro de moitos, todos eles igual de especiais. Fai agora 13 anos que comezamos o noso camiño e si, o 13 é un dos meus números favoritos. Neste fermoso aniversario, quero transmitirvos unha vez máis a importancia do amor. De quererse. Do día a día. Dos pequenos xestos. Do que implica unha vida ao carón de alguén. No meu caso, o meu home demostroume nos peores momentos que sempre podería contar con el. E demóstrao cada día. Por iso, os meus agradecementos sempre serán poucos. Él é, tamén, o meu refuxio. Grazas! E grazas a todos vós!

En agosto temos festa en Merza!

Sorte, sorte e sorte para a gran comisión de festas de Merza! Desexamos que, co seu traballo, comece unha nova etapa de festa para o noso pobo! Levamos moitos anos sen organizalas e teño que recoñecer que me fai moita pero moita ilusión que se xuntase un equipo de xente tan forte e decidida que soubo demostrar que a amizade, o sentimento, a forza e a ilusión sempre gañan. Logo de máis dunha década sen festas, vese que con vontade e ánimo podemos facer moito polo noso pobo. E especialmente polos nosos pequenos, que nunca viviron unhas festas así e que este ano poderán facelo. Gústame, ademais, ver como todos nos apoiamos e se olvidan os pequenos problemas e rencores do pasado. Coma sempre vos digo, a vida son catro días e o importante é vivilos por todo o alto en compañía dos nosos seres queridos. Se me permitides, quero facer unha mención especial para un dos membros desta comisión, o meu home, do que estou orgullosa por centos de motivos. En resumo, que viva a festa!

Cada día é un día para dar grazas

Cada día é especial. Cada día é un día para dar grazas. Por vivir. Por poder sorrir. Por ter momentos duros pero tamén a sorte de loitar para superalos. No meu día a día, son consciente da gran sorte que teño. Hoxe quero, en especial, facer mención ao afortunada que me fai o meu traballo. A miña paixón. A mesma que converte a clientes en grandes amigos. Amigos coma os que acaban de casar nunha fermosísima celebración á que non faltamos. Momentos coma este fanme ver a ledicia que supón coñecer a grandes persoas que pasan a formar parte dun mesmo. Por iso, prestade atención ao voso redor. Reparade. Gozade de todo aquilo que os demais desexan compartir con un. E, sobre todo, sede felices. Cada día.  

Un encontro cheo de boa música

Esta fin de semana busquei un oco onde non o tiña para disfrutar do reencontro de veteranos da Banda de Merza que comezamos unha nova andadura con esta sección. Xa facía mais de 15 anos que non dábamos unha nota todos xuntos e por fin o conseguimos! Din que os soños sempre se cumpren cando os pensas e os sintes e esta fin de semana volvín a sentir o mesmo que cando tiña 12 anos. Esos días de felicidade e orgullo de formar parte dunha banda de músicos moi profesionais, de recibir premios mais que merecidos por todo o esforzo de cada un dos músicos e directivos que formaban parte da agrupación naqueles tempos. Que sería do pobo sen unha banda coma esta? Non o quero nin pensar! Esta formación da vida, alegría e esperanza para todos os veciños e veciñas de Merza. Mantennos unidos por unha paixón como é a música e sempre pensando no ben do pobo. Quérovos segunda familia!