O Refuxio

Un encontro cheo de boa música

Esta fin de semana busquei un oco onde non o tiña para disfrutar do reencontro de veteranos da Banda de Merza que comezamos unha nova andadura con esta sección. Xa facía mais de 15 anos que non dábamos unha nota todos xuntos e por fin o conseguimos! Din que os soños sempre se cumpren cando os pensas e os sintes e esta fin de semana volvín a sentir o mesmo que cando tiña 12 anos. Esos días de felicidade e orgullo de formar parte dunha banda de músicos moi profesionais, de recibir premios mais que merecidos por todo o esforzo de cada un dos músicos e directivos que formaban parte da agrupación naqueles tempos. Que sería do pobo sen unha banda coma esta? Non o quero nin pensar! Esta formación da vida, alegría e esperanza para todos os veciños e veciñas de Merza. Mantennos unidos por unha paixón como é a música e sempre pensando no ben do pobo. Quérovos segunda familia!

Un ano. 365 días sen ti, avoa.

Un ano. 365 días sen ti, avoa. Xornadas nas que, a diario, te boto en falta. E non imaxinas canto. Eras todo para min. Por suposto, o motor fundamental desta empresa, á que tanto adicaches. Pero moito máis. Tamén o motor da miña vida, a que me daba folgos cando máis o precisaba. A que me acougaba. A que me aliviaba. A que me impulsaba. Loitadora exemplar, ama de casa, amiga, nai, avoa. Todo. Todo o eras ti. Todo o es ti. Porque faltaches pero nunca te fuches. As túas ensinanzas quedaron en cada un de nós. De todas elas, unha sobre todas: a capacidade de non ter rencor, a nada nin ninguén. De amar, por encima de todo. Quérote. Cada día. Por sempre. Sigamos o seu consello: busquemos ser felices.