O Refuxio

A Banda Artística de Merza no Gaiás

O sábado asistín á estrea en Galicia da Queen Symphony na que a Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati nos trouxeron á Cidade da Cultura a reinterpretación sinfónica dos éxitos da mítica banda inglesa, composta por Tolga Kashif. Foi todo un espectáculo! Tiña gañas de rir, chorar, foron moitas emocións xuntas. Fun membro durante 15 anos de esta maravillosa banda e o que sentín non se pode describir con palabras. Quero darlle 1.000 gracias á banda, o director e a cada un dos músicos que a compoñen porque sen eles isto non sería posible. Que sigan adiante con este proxecto maravilloso porque Merza merécese unha banda coma esta. É a mellor banda de Galicia, sen dúbida. Sobretodo en sentimentos e corazón. Hai moitas bandas moi boas en Galicia pero o que onte transmitiron na Cidade da Cultura foi único. Ata me desestresei! Hai que seguir traballando e confiando neses músicos xa que o mais importante que ten Merza é a banda. Ata nenos de 3 anos estaban coa boca aberta durante o espectáculo! O sitio era idóneo para facelo e había moitísima xente. Dende aquí quero pedirlle as administracións que axude ás bandas, que apoie á cultura para que todos poidamos medrar como persoas.

Sempre hai un oco para ser feliz

Sabedes que amo a hostelería pero os meus fillos teñen un amor moi grande por todo o que fan. Aquí vos deixo unha demostración! Todos os martes él é o seu irmán veñen aprender un oficio que non sei se lles valerá para un futuro pero o que si sei é que o aman tanto coma min. No verán é moi complicado que poida ter vida familiar por tanto traballo, pero estes momentos son os que me enchen o corazón nos momentos libres. Ámovos pequenos! Consello aos que tendes moito traballo: intentade dar un respiro aínda que non teñades tempo! Sempre hai un oco para ser feliz!