O Refuxio

Cea de Nadal do equipo O Refuxio

Onte celebramos unha cea de empresa moi especial coa xente que día a día estamos codo con codo no Refuxio. Disfrutamos dunha noite increíble. So decirvos a todos que gracias por ser como sodes, disfruteino a tope! Unha noite máxica, chea de risas que ao final e do que nunca temos que esquecernos. Porque a risa é saúde. Onte foi unha desas noites para o recordo. Quero comezar felicitando ao mais pequeno da casa, Jose, Feliz Cumpreanos! Sabes que todos te queremos un montón e sei que vas conseguir día a día superar todo iso que agora mesmo che está a costar. Sorte e a seguir para diante campeón! Continúo con Sandra, a nosa camareira, tan responsable e a vez tan humana. Queremoste moitísimo! A nosa chef Nati, profesional das cociña que cada día esforzase mais por ser a mellor. Con xente así pouco teño que dicir, so gracias por formar parte deste equipo. Sigo con David, camareiro de profesión e vocación. Un pracer terte connosco. Sandra, a nosa cociñeira. Gracias por superar cada reto que che poño e por sempre anteponer a empresa ao resto. Anca, gracias por dar todo o que podes neste proxecto. Gracias a nosa patriarca, a  mais veterana da empresa, a que me veu medrar ao carón de miña nai, a que cada reto que se lle pon intenta collelo como se se lle fora a vida niso. A Celsa, que para todos nos é alguén moi especial.  E un gran pracer terte aquí, sen ti a empresa non sería o mesmo, porque sempre estás contenta e estresada ao mesmo tempo. Así é a nosa Celsa. Gracias tamén a Tamara, a nosa pequena pero grande camareira que onte non puido acompañarnos. Gracias familia porque iso é o que temos que ser para dar o mellor de nos. Para que cando alguén chega ao Refuxio poida percibir o trato, o amor e a gastronomía que lle podemos brindar. Sabedes cales son as maiores razón polas que sigo afrontando o reto de seguir co meu amado Refuxio, porque é parte da miña vida. So vos pido que agarremos o ano 2020 todos coa mesma corda para intentar ser moito mais felices no noso traballo e así poder facer felices a todos e cada un dos que decida vir disfrutar do noso Refuxio. Gracias familia e a seguir medrando que nos queda un camiño moi longo.