O Refuxio

Hoxe é un día especial.

Hoxe é un día moi especial para min, e preguntarédesvos por que… O 16 de setembro de 2010 sometinme á miña primeira (que non última) operación para intentar acabar co cancro que se quería apoderar do meu corpo. Afortunadamente, e despois dun longo proceso e recaidas que duraron varios anos, hoxe podo berrar aos catro ventos que gañei eu, que esa loita enfurecida que me arrincaba as forzas tivo un final feliz, moi feliz. Neses momentos tan complicados no que a mente se anubra, as forzas se encollen e o medo empeza a tinguilo todo, fun quen de sacar enerxía e valentía para berrar moi forte que eu amaba a vida, e que non deixaría que nada nin naide intentase arrebatarma. Por suposto, a batalla foi moito máis doada porque tiven un exército que me apoio incondicionalmente cada segundo. O meu marido, a miña nai, as miñas irmáns, amigos, compañeiros de traballo, e por suposto, os meus fillos. Nunca terei suficientes palabras nin xestos para devolverlles unha mínima parte de todo o que me deron, amor, comprensión, paciencia, alegría e moitas moitas ganas de vivir. Asíque hoxe celebro a vida un día máis, e dou gracias por todo e todos os que forman parte dela. Nunca deixedes que pasen os días sen ter a sensación de telos desfrutado e aproveitado ao máximo. Deséxovos o mellor a cada un de vós e sobre todo que sexades moi felices e valoredes o que tedes. Grazas!

13 anos de amor

Hoxe fai 13 anos que Álvaro mais eu nos demos o si quero! Como voa o tempo!  Un ano mais ao teu carón cheo de cousas novedosas pero o mais importante e seguir sentindo ese sentimento que por aquel entonces nos uneu. O amor. E tamén quero facer unha mención especial a ese pequeno que fai 13 anos non uneu, o meu pequeño Pablo. Este neno que xa é medio home e que nos da tanto nas nosas vidas. É un neno encantador e moi bo. Non o cambio por nada! Amigo dos seus amigos, moi cariño cos seus e sobre todo coa sua mamá. Despois duns días en Punta Cana a onde nos fomos de vacacións os catro, Pablo trouxo unha pequena bacteria e está maliño. Dende aquí o animo e digolle que non é nada e que nuns días todo volverá a normalidade. Eres o motor das nosas vidas! Álvaro, gracias por estes 13 anos de vida xuntos e gracias por ser un bo pai e sobre todo un gran amigo de batallas porque penso que nesta vida temos que ir batallando día a día o que nos toque vivir pero quedarnos sempre co mellor de todo. Temos que ser felices pase o que pase. Iso é o que quero na miña vida, felicidade na medida do posible. A vida sempre trae sorpresas e hai que vivila sempre a tope e ver o lado bo das cousas. Ano tras ano intento ser sempre mellor persona, mamá, amiga, parella, xefa… e ese é o meu reto para este 2020 e espero poder conseguilo. Gracias Álvaro por todo e por tanto ao meu lado.