O Refuxio

38 anos no que o reloxo non para

Onte cumprin 38 anos e quero comezar dicindo gracias e mil gracias aos que onte tivestes un minuto para parar e darme un feliz cumple. Cada día sinto mais ánimos por estar viva. A verdade e que cada ano que pasa teño mil agradecementos á vida por darme a gran oportunidade de ver como medran estes dous tesouros, e non quero, deixar pasar a ocasión de felicitar aos meus pais. Sen eles tampouco seria posible esta celebración, a vida. Sobre todo á miña querida nai, sei que sempre estas ahí no meu corazón. Amote mais ca nunca. Invito a todos a reflexionar no día de hoxe con estas pequenas lineas que tamén son de axuda para min.

Vivimos nunha sociedade de tecnoloxías, de prisas, de decirlle adeus á xente e non parar. De non recibir unha soa carta. Parece que vivimos nunha sociedade surrealista. Doume conta que o reloxo vai demasiado de prisa. Hai que pensar sempre en positivo, a min é o que me leva a ter un proxecto e levalo a cabo cada día.

Intento esforzarme para ser mellor profesional xa que estou formada en Dirección de Cociña pero a mellor aprendizaxe é o día a día e a vida en si, a xente que te rodea.
Cambiei moito como persoa pero cada día doume mais conta que sei o que quero, SER FELIZ!
E sei que si o son, gracias a esta familia e ao proxecto que medra cada día. Chegou o momento de poñer a esta “taberniña” como un referente a nivel comarcal.

Cando alguén quere algo so ten que marcarse un obxectivo, porque se pode conseguir.

Quero dar as gracias tamén a Alvaro porque foi sempre un pilar fundamental da miña vida, ao meu avó, a Celsa e a todo o persoal do Refuxio porque sei que sen eles non o conseguiría.

Estou metida nun proxecto increible, nunha transformación do Refuxio que moi pronto verá a luz.

38 anos xa! Era onte cando tiña 20! E cun proxecto novo de negocio, a punto de abrir o restaurante despois das reformas e de formarme como profesional do sector.

Precisamos non ter reloxo para ser super felices.

Gracias a tod@s polas felicitación e a seguir cumprindo!