O Refuxio

9 anos. Gracias por deixarme velo medrar.

Deus como pasa o tempo, 9 aniños fai o meu pequerrecho e non me canso de agradecerlle á vida por deixarme velo medrar.

O seu primeiro cumpreanos como sabedes tiña medo de non poder acompañalo na súa fermosa vida, pero cada ano que pasa doume conta de que Deus quixo facerme o gran regalo de estar presente no día a día deste amor de rapaz.

Sei que cada un ama aos seus, pero Miguel en particular demóstrame no seu día a día que a vida é fermosa, co seu carácter alegre, amigo dos seus amigos e o mellor é que non ten inimigos!

Encántanme os nenos, sobre todo por esa inocencia que teñen, penso que todos debemos pensar no neno que leva dentro para intentar ser mais felices. Pois o que dicía, este amor de rapaz chegou á vida de Álvaro, á miña e á de seu irmán para enchela de felicidade.

A verdade é que non dou expresado con palabras o que nos transmite. É incríble que con só 4 anos miraba ao ladiño da cama e decíame: “mami descansa que xa lle fago eu o leite a Pablo”; eu dicíalle: “tranquilo amor xa vai mama”. Sempre se percatou de todo, pero ca súa super sonrisa ía á cociña e preparáballe o leite ao seu irmán. E a día de hoxe ségueo facendo cada día. Sen ir mais lexos, o outro día díxenlle: “chicos preparou o almorzo mami” e dime Miguel “mama, ese é o meu traballo”.

Como vos digo, é para comelo a besos. Ama a cociña, cada martes ven para aprender e elaborar algunha receita, e acompáñame, como di el, “cando fai falta”. Adora o fútbol, xogador de fútbol do equipo benxamín de Bandeira. E apasiónalle a música, é músico da Banda Xuvenil de Merza. Fai só unha semana gañou un concurso de xóvenes intérpretes.

Como vedes é un rapaz que non perde un minuto da sua vida, dalle tempo a estudar e ser bo estudante, a xogar con todos os aparellos informáticos, a darlle as galiñas e a coidar o can. O que mais admiro del é o amor que sinte e pon por cada cousa que fai. Quere ser o mellor e sei que vai ser o que el queira ser porque co amor que fai todo vai chegar a ser moi bo.

Pero o que nos gustaria e que fora igual de feliz toda a sua vida e que sentira esa paixón por todo. Non me podo esquecer de decirvos que ama e adora a seu irmán. A verdade e que nunca coñecín a dous irmáns que estén tanto xuntos e nunca lle tivera que dicir: “chicos non pelexedes”. Estes ámanse. Son, como di Miguel, “como xemelos”. Si si, sempre xuntos e falando de todo. Iso é unha gran lección que me dan no día a día.

Amarse e disfrutar de cada cousa que fagamos como se fose a última vez. Gracias Miguel. Espero que cando sexas maior de idade, porque en sentimentos xa o eres, nunca cambies que sei que vas ser moi feliz . Feliz cumpreanos.