Hoxe é o seu día. Cumpre anos miña irmá. Unha irmá que sempre agradecerei ter e que se merece que os seus días sexan todos de ledicia. Sempre estivo comigo. Pero foi nos momentos máis difíciles nos que se converteu no apoio que máis precisaba, na fortaleza que ás veces me faltaba e nas risas que tanto ben me fixeron.
Os nosos comezos na hostelería fixeron que nos uniramos aínda máis. A ela sempre lle gustou e, por exemplo, hoxe axudarame a servir o catering para unha boda. Parece que o levamos no sangue! De feito, a transformación da antiga taberna no restaurante que hoxe é O Refuxio non sería posible sen ela. Como non o serían centos de proxectos aos que dixen si cando pensaba que non sería capaz.
Por todo isto, por moito máis, por ser ti… por ter a sorte de terte, QUÉROTE IRMÁ!