Un ano. 365 días sen ti, avoa. Xornadas nas que, a diario, te boto en falta. E non imaxinas canto. Eras todo para min. Por suposto, o motor fundamental desta empresa, á que tanto adicaches. Pero moito máis. Tamén o motor da miña vida, a que me daba folgos cando máis o precisaba. A que me acougaba. A que me aliviaba. A que me impulsaba.
Loitadora exemplar, ama de casa, amiga, nai, avoa. Todo. Todo o eras ti. Todo o es ti. Porque faltaches pero nunca te fuches. As túas ensinanzas quedaron en cada un de nós. De todas elas, unha sobre todas: a capacidade de non ter rencor, a nada nin ninguén. De amar, por encima de todo.
Quérote. Cada día. Por sempre.
Sigamos o seu consello: busquemos ser felices.