Sempre é un pracer traballar no que nos gusta, por iso son unhas boas datas para que cada un de nos desexe algo e ese algo se nos poida cumprir co paso do tempo.
É un dos meus soños, é o traballo que teño e espero que o día de mañá poida ser tamén o soño do meu pequecho. Cada vez que di “mamá”, enchome de orgullo e alegría e dou as gracias por estar presente para poder velos medrar.
Encántalle a cociña, a verdade é que non sei cal vai ser o seu soño pero sexa o que sexa se o leva co amor que ten hoxe dentro do seu corazón, sei que vai ser moi feliz e esa é a miña meta, lograr que sexa FELIZ.
Deséxovos o mesmo para este ano, que vos propoñades ser o mais felices posibles e disfrutedes da vida porque é demasiado curta. BO NADAL!