Onte foi un día coma calquer outro pero quería dedicarllo a miña nai, a persoa mais importante da miña vida, un pilar fundamental na miña infancia e adolescencia.
Hoxe quero dedicarlle unhas palabras de amor infinito e darlle as gracias por estar conmigo ata que tivo que partir, sei que dende onde está, está apoiandome e guiándome sempre polo bo camiño.
Non teño palabras de agradecemento á vida por darme un anxo, Carmen que así se chamaba. Esa maravillosa nai que me deu a vida e hoxe quero facerlle un aniversario especial. E celebrar a vida, non a morte, para iso pensei en dedicarlle todo o amor do mundo a ese ser maravilloso que Deus me dou como nai.
Fixo onte 12 anos que se despideu dos seus seres queridos e con gran amor hacia todos. Desexo que todo o mundo, en especial eu, poidamos ser nesta vida a metade de boa persoa que foi ela. Canta sabiduría e bos consellos me deches! Cantas ganas de vivir! Para ti nunca foi un impedimento a enfermidade!
Mamá eres grande! Digo eres porque estás no meu corazón, no meu alento e nos meus sentimentos e no día a día. Sei que parte do meu logro como persoa e profesional o teño de ti por iso quero decirche que moitísimas gracias por levarme da man dende pequeniña e por estar ahí axudándome cada vez que caigo a levantarme. Por falar conmigo cada día que che pido consello.
Hoxe quero facerche un pequeno homenaxe por ser a muller que fuches a fundadora do Refuxio, unha muller loitadora. Estou sen palabras, amote e lévote no meu corazón.
Disfrutade que a vida e demasiado corta!