O Refuxio

Moita sorte Ceci e Gracias!

Onte foi unha noite moi especial. Unha noite na que despedimos a Ceci, que comeza unha nova aventura fora do meu regazo. Falo da miña outra metade. Estou moi agradecida á vida por poñerme cerca a esta rapaza, veciña de toda a vida de Merza, do meu amado Refuxio. Hoxe quero transmitir con palabras todo o que esta rapariga deixou marcado nesta casa, unha huella que nunca se vai borrar. 

Naceu xusto enfrente da miña casa e dende que teño uso de razón estivo xogando sempre conmigo e con miña irmá, pasando moitos días de comidas, de merendas e incluso de quedadas para dormir e facer as nosas particulares festas. Ibamos ao colexio xuntos, ainda que ela era tres anos mais nova ca min. 

Ademais desa amistade tiven o enorme pracer de tela traballando no meu amado Refuxio e ahí coñecín a calidade humana e todo o que vos vou intentar descubrir aquí. Conseguín que sexa unha gran profesional da hostelería. A palabra profesional para min ten un significado especial e penso que non fai falla pasar por un colexio para ser unha gran profesional. Eu mesma, que estou formada nesta profesión, doume conta que o amor, a pasión, o sacrificio e a dedicación é o mais importante e iso non o ensinan na escola. E todo iso é o que ten Ceci.

Non imaxinades a de momentos que vivimos xuntas todos estes anos. Risas, lágrimas, emocións, enfados, decepcións… Pero sempre unha ao lado da outra e dende o respecto que nos caracteriza. Sempre saíamos adiante e nunca deixando que os problemas fosen a mais, senon solucionando a tempo.

Ceci de verdade, non teño palabras para decirche todo o que te quero, non sei o que poderei sentir cando se me vaia un fillo, pero a sensación que teño hoxe é de alegría pero ao mesmo tempo unha dor indescriptible no meu corazón. Tamén sei que che vai a ir super ben porque algo que te caracteriza é o esforzo e o sacrificio. Grandes valores que son imprescindibles para sacar unha empresa adiante. 

Escribindo estas liñas penso en cando terminábamos de traballar as 5 da mañá e ainda collíamos o coche e íbamos de marcha. Cando viñamos de volta e nos metíamos na cama unha ao lado da outra e decíamos -“tocache a ti abrir”- despois de dormir media hora ou ao mellor de reenganche e ti deciasme -“no Naty non fagas trampa, tocache a ti”- e entre risas íbamos a abrir unha ou a outra. As 9.30 horas por aquel entonces, fai 15 anos, abríamos o noso Refuxio, onde Ceci comezou conmigo e con miña irmá. Non choveu dende aquela! Pero non cambio nada do que vivín contigo.

Recordo cando viñas de pequena dormir con Paula, conmigo e con mamá. Que sei que a sintes coma se fose túa tamén. Esa muller que tanto dou e que tantas ensinanzas nos aprendeu as tres, porque así nos tiña, coma tres fillas. Que nos preparaba o leite e poñíao detrás da cociña antes de comezar o seu gran día e nos decía: -“ala terminade, e non vos ides levantar ninguna das tres ata que acabedes o leitiño”-. Mirábamos unhas para as outras entre risas.

Sempre estiveches ahí sempre, nunca fallaches, como amiga, como empleada, como compañeira, coma irmán, sempre ahí.

Cantas veces miña avoa che dicia Ceci pon aquí, Ceci por alí. Meu avo Ceci quita de aquí… non fuches so una empleada, fuches parte da nosa familia e así seguirá sendo. Nunca te esquezas de que tes aquí a outra metade do teu corazón.

Gracias por todo. Gracias por existir.

Na miña vida persoal estiveches sempre presente. Recordas cando che dixen que me parecía que me gustaba Álvaro? E ti me dis: -“Deus pois é moi bo tio. Adiante Naty!”-

Cando tivemos que pasar a longa enfermidade de mama e sempre ahí. Pero tamén sei que medraches moito gracias a isto e sobre todo cando tiveches que agarrar a empresa polos cornos e tirar con todos os problemas que iso conlevaba, sen saber se eu iba a pasar polo mesmo que pasou mamá. Sei que choraches moitísimo. Que tiveches tanto medo coma min pero ao final a vida doume o enorme pracer de fortalecerme e intentar polo menos ser mellor persoa e moito mais xusta na medida do posible día a día. Nunca me esquecerei cando me dixeches: -“nena, este mes non me pagues, eu arreglome, gastaos en Pamplona que estás gastando moito na túa enfermidade”-. Iso so cho fai a túa outra metade!

Por iso todo e moito mais un GRACIAS e un QUEROTE. Eres a metade da miña alma e unha irmán para min. Sabes que aquí sempre terás a tua casa. Sei que agora vas comezar no Refuxio en Silleda como xefa e como empresaria e sei que o vas a facer ben. O meu consello e: paciencia, responsabilidade, sacrificio e amor polo traballo que xa sei que tes. Moitísima sorte.

Aproveito para agradecer a todos os que asistiron onte a cea que fixemos todo o equipo, o que está traballando agora connosco e o que estivo noutras etapas. Todos eles viñeron despedir a Ceci. A todos eles regaleilles unhas cestas de frutas e eles deronme unha placa que pon “ A Natalia a mellor xefa, te queremos” e mais un ramo de flores. Non me considero a mellor xefa, xa que teño moitos defectos pero intentarei día a día ser moito mellor xefa e tamén mais esixente 😉

GRACIAS POR TODO