Hoxe no Refuxio (como sabedes, esta empresa parte do amor e o respecto) é un día especialmente duro porque faleceu Blas, o meu querido sogro.Sei que é super difícil afrontarnos á palabra “morte” pero quero sobre todo que os meus nenos e a familia máis próxima teña fe. Que pense con amor, que teña o consuelo, dentro do posible, de que hai vida máis ala da morte.
Sei que non vai ser fácil, e para min en especial.
Cada día que pola mañá salia da casa para traballar dicíame: “Nena, pero non traballes tanto, desfruta algo que a vida é corta” … E eu sempre lle dicía: “A miña filosofia de entender a vida”.Agora mesmo Blas, teño solo tristeza. Por non poder darche un abrazo grande e diciirche grazas en vida por todo o que fixeches por min, nos momentos tan difíciles da miña vida e da do teu fillo. Cando a primeira vez que soubeches que estaba enferma fuxes a primeira persoa en dicirme: “O que che faga falta para ir a Pamplona, como se vendo o que teño”. Eso solo cho di alguén que te quere de verdade.
Pídoche perdón por non darche un abrazo cada mañá ou un beso ás noites, e ás veces discutir contigo para que foses máis de viaxes e de festas. E decíasme: “Pero Natalia eu son feliz indo á viña, podando, esperando aos teus nenos para levalos onde precisen, facendo os teus recados…” E claro que entendo que eras feliz, porque cada un somos felices á nosa maneira, e ti á túa.
Non quero despedirme, quero darche un abrazo moi moi forte e dicirche que coides dos meus que estan ahí, e dos teus… Que ao fin e ao cabo son os mesmos.
Sólo quero dicirche gracias por ser o mellor avó que podian ter os meus nenos, por axudarnos tanto dende o dia un do seu nacemento. Por ser feliz á túa maneira como me dicías… Pídoche moitísima forza para a túa familia, que a necesitan. E quedémonos con estas fotos e estes recordos dende o amor e o respecto que che teño eu e esta empresa.
Tamén no medio quero darlle moita forza a Álvaro, Pepe, Divina e Amalia, aos meus nenos e sobriños, aos amigos, á miña sogra preferida, a mellor a mais amorosa e a que sempre se adicou en corpo e alma a ti. Ánimo e moito amor pa afrontar isto.