O Refuxio

Ata sempre, Avó.

Hoxe é un día triste no Refuxio.

Despedimos ao avó Adolfo, fundador desta taberniña que amo tanto… Da súa man deu os seus primeiros pasos o Refuxio, aló polos anos 50.

A pesar da tristura que sentimos, non podemos mási que lembrar todas as ensinanzas, bos recordos e amor que nos deixa.

Tanto para min como para empresa fuches TODO. Estas ao teu carón era unha aprendizaxe diaria e continua. Para min non só fuches o mellor avó do mundo, fuches o meu guía e maestro, unha persoa que sempre me apoiou tanto persoal como profesionalmente, e que o deu todo por min.

Só teño palabras de agradecemento á vida por deixarme desfrutar de ti, que durante 90 anos viviches preocupado por medrar persoal e profesionalmente. Sempre cun sorriso na cara e metidiño de cheo ata fai uns meses na empresa.

Sempre me contaches mil batallas, que eu escoitaba feliz e agora levarei para sempre na miña memoria.

A túa vida non foi fácil… Guerra Civil, época do Wolframio, tarballando moi duro como peón de obras e cunha empresa de madeira. Sempre loitando pola túa familia e polas persoas que te rodeaban.

Sei, como me contabas, que empezaches sen ter un tenedor… Pero avó, quedoume claro que conseguiches todo por ti e pola gran familia que te rodeou (falo da avoa e de mamá, unhas fenómenas de mulleres que sei que te van acoller co mellor dos abrazos alí onde estén).

Quero dicirche que deixas un vacio enorme dentro desta empresa, pero ao mesmo tempo déixanos mil vivencias, mil sonrisos… Deixas moitísimos netos, porque todos te chaman “abuelo”.

Danme ganas de rir ao lembrar cando entrabas na cociña e lle dicías á cociñeira: Carmen, esta a tapa… E marchabas día tras día facer o reparto da comida. Moitas veces dicíache: Abuelo, eres moi maior… E ti contestábasme que estabas xenial.

Deixábasnos alucinados cando repartías comida a xente da túa idade. Chegabas e dicíasnos: Quedaban ben. Gracias avó!

 Ou cando te mandábamos a Silleda vairas veces ó dia porque faltaban tapas e dicías: Vou contento, pero gasto a paga invitando.

Cando iamos a Ourense co catering e axudaches  a vaciar 5 sacos d pataas porque estábamos a tope, e ahí chegaches. E tantos miles de recordos me veñen á mente…

Grazas abuelo, de verdade. Ámote e seguirei o teu legado.

Tamén quero dar as grazas a toda a Familia do Refuxio.

Aos seus “netos” da empresa. Empezo por Celsa, a súa outra filla postiza que amaba tanto. Carmen Martínez Louzao ,15 anos ao seu carón; foi a súa mellor pinche. A Cecilia, a Jose, a Tamara, a Sandri, a Sandra, a Marcos, a Antía, a Nati, a Anca, a María Jesús Ferro, á tía Alicia, a Pepa, a Mariló, a Merche, a Tami, a Antía, a Eva, A Ángela, a María Lamela, a Patri de cociña, Laura, Daniela, Yanina, Iulia, …

Grazas de corazón a todos por coidalo, por darlle cada día o seu leite con galletas ou que él quixera. Nunca olvidarei o que o amastes, e as risas que nos temos botado con él.

Tiña moitos netiños, porque sempre o tratástes como a un avó, e deixástedes unha huella imborrable.

Grazas, e feliz despedida a vida avó.