O Refuxio

Cea de Nadal do equipo O Refuxio

Onte celebramos unha cea de empresa moi especial coa xente que día a día estamos codo con codo no Refuxio. Disfrutamos dunha noite increíble. So decirvos a todos que gracias por ser como sodes, disfruteino a tope! Unha noite máxica, chea de risas que ao final e do que nunca temos que esquecernos. Porque a risa é saúde. Onte foi unha desas noites para o recordo. Quero comezar felicitando ao mais pequeno da casa, Jose, Feliz Cumpreanos! Sabes que todos te queremos un montón e sei que vas conseguir día a día superar todo iso que agora mesmo che está a costar. Sorte e a seguir para diante campeón! Continúo con Sandra, a nosa camareira, tan responsable e a vez tan humana. Queremoste moitísimo! A nosa chef Nati, profesional das cociña que cada día esforzase mais por ser a mellor. Con xente así pouco teño que dicir, so gracias por formar parte deste equipo. Sigo con David, camareiro de profesión e vocación. Un pracer terte connosco. Sandra, a nosa cociñeira. Gracias por superar cada reto que che poño e por sempre anteponer a empresa ao resto. Anca, gracias por dar todo o que podes neste proxecto. Gracias a nosa patriarca, a  mais veterana da empresa, a que me veu medrar ao carón de miña nai, a que cada reto que se lle pon intenta collelo como se se lle fora a vida niso. A Celsa, que para todos nos é alguén moi especial.  E un gran pracer terte aquí, sen ti a empresa non sería o mesmo, porque sempre estás contenta e estresada ao mesmo tempo. Así é a nosa Celsa. Gracias tamén a Tamara, a nosa pequena pero grande camareira que onte non puido acompañarnos. Gracias familia porque iso é o que temos que ser para dar o mellor de nos. Para que cando alguén chega ao Refuxio poida percibir o trato, o amor e a gastronomía que lle podemos brindar. Sabedes cales son as maiores razón polas que sigo afrontando o reto de seguir co meu amado Refuxio, porque é parte da miña vida. So vos pido que agarremos o ano 2020 todos coa mesma corda para intentar ser moito mais felices no noso traballo e así poder facer felices a todos e cada un dos que decida vir disfrutar do noso Refuxio. Gracias familia e a seguir medrando que nos queda un camiño moi longo.

Moita sorte Ceci e Gracias!

Onte foi unha noite moi especial. Unha noite na que despedimos a Ceci, que comeza unha nova aventura fora do meu regazo. Falo da miña outra metade. Estou moi agradecida á vida por poñerme cerca a esta rapaza, veciña de toda a vida de Merza, do meu amado Refuxio. Hoxe quero transmitir con palabras todo o que esta rapariga deixou marcado nesta casa, unha huella que nunca se vai borrar.  Naceu xusto enfrente da miña casa e dende que teño uso de razón estivo xogando sempre conmigo e con miña irmá, pasando moitos días de comidas, de merendas e incluso de quedadas para dormir e facer as nosas particulares festas. Ibamos ao colexio xuntos, ainda que ela era tres anos mais nova ca min.  Ademais desa amistade tiven o enorme pracer de tela traballando no meu amado Refuxio e ahí coñecín a calidade humana e todo o que vos vou intentar descubrir aquí. Conseguín que sexa unha gran profesional da hostelería. A palabra profesional para min ten un significado especial e penso que non fai falla pasar por un colexio para ser unha gran profesional. Eu mesma, que estou formada nesta profesión, doume conta que o amor, a pasión, o sacrificio e a dedicación é o mais importante e iso non o ensinan na escola. E todo iso é o que ten Ceci. Non imaxinades a de momentos que vivimos xuntas todos estes anos. Risas, lágrimas, emocións, enfados, decepcións… Pero sempre unha ao lado da outra e dende o respecto que nos caracteriza. Sempre saíamos adiante e nunca deixando que os problemas fosen a mais, senon solucionando a tempo. Ceci de verdade, non teño palabras para decirche todo o que te quero, non sei o que poderei sentir cando se me vaia un fillo, pero a sensación que teño hoxe é de alegría pero ao mesmo tempo unha dor indescriptible no meu corazón. Tamén sei que che vai a ir super ben porque algo que te caracteriza é o esforzo e o sacrificio. Grandes valores que son imprescindibles para sacar unha empresa adiante.  Escribindo estas liñas penso en cando terminábamos de traballar as 5 da mañá e ainda collíamos o coche e íbamos de marcha. Cando viñamos de volta e nos metíamos na cama unha ao lado da outra e decíamos -“tocache a ti abrir”- despois de dormir media hora ou ao mellor de reenganche e ti deciasme -“no Naty non fagas trampa, tocache a ti”- e entre risas íbamos a abrir unha ou a outra. As 9.30 horas por aquel entonces, fai 15 anos, abríamos o noso Refuxio, onde Ceci comezou conmigo e con miña irmá. Non choveu dende aquela! Pero non cambio nada do que vivín contigo. Recordo cando viñas de pequena dormir con Paula, conmigo e con mamá. Que sei que a sintes coma se fose túa tamén. Esa muller que tanto dou e que tantas ensinanzas nos aprendeu as tres, porque así nos tiña, coma tres fillas. Que nos preparaba o leite e poñíao detrás da cociña antes de comezar o seu gran día e nos decía: -“ala terminade, e non vos ides levantar ninguna das tres ata que acabedes o leitiño”-. Mirábamos unhas para as outras entre risas. Sempre estiveches ahí sempre, nunca fallaches, como amiga, como empleada, como compañeira, coma irmán, sempre ahí. Cantas veces miña avoa che dicia Ceci pon aquí, Ceci por alí. Meu avo Ceci quita de aquí… non fuches so una empleada, fuches parte da nosa familia e así seguirá sendo. Nunca te esquezas de que tes aquí a outra metade do teu corazón. Gracias por todo. Gracias por existir. Na miña vida persoal estiveches sempre presente. Recordas cando che dixen que me parecía que me gustaba Álvaro? E ti me dis: -“Deus pois é moi bo tio. Adiante Naty!”- Cando tivemos que pasar a longa enfermidade de mama e sempre ahí. Pero tamén sei que medraches moito gracias a isto e sobre todo cando tiveches que agarrar a empresa polos cornos e tirar con todos os problemas que iso conlevaba, sen saber se eu iba a pasar polo mesmo que pasou mamá. Sei que choraches moitísimo. Que tiveches tanto medo coma min pero ao final a vida doume o enorme pracer de fortalecerme e intentar polo menos ser mellor persoa e moito mais xusta na medida do posible día a día. Nunca me esquecerei cando me dixeches: -“nena, este mes non me pagues, eu arreglome, gastaos en Pamplona que estás gastando moito na túa enfermidade”-. Iso so cho fai a túa outra metade! Por iso todo e moito mais un GRACIAS e un QUEROTE. Eres a metade da miña alma e unha irmán para min. Sabes que aquí sempre terás a tua casa. Sei que agora vas comezar no Refuxio en Silleda como xefa e como empresaria e sei que o vas a facer ben. O meu consello e: paciencia, responsabilidade, sacrificio e amor polo traballo que xa sei que tes. Moitísima sorte. Aproveito para agradecer a todos os que asistiron onte a cea que fixemos todo o equipo, o que está traballando agora connosco e o que estivo noutras etapas. Todos eles viñeron despedir a Ceci. A todos eles regaleilles unhas cestas de frutas e eles deronme unha placa que pon “ A Natalia a mellor xefa, te queremos” e mais un ramo de flores. Non me considero a mellor xefa, xa que teño moitos defectos pero intentarei día a día ser moito mellor xefa e tamén mais esixente 😉 GRACIAS POR TODO

Felicidades Paula e Álvaro!

Esta fin de semana foron os cumpreanos de duas persoas moi importantes da miña vida. Miña irmán Paula e o meu marido Álvaro. Para miña irmán so teño palabras de amor e quero desexarlle o mellor no seu novo proxecto como Directora da Residencia de Maiores de Silleda. Gracias por darme esos sobriños tan fermosos que teño. So quero que disfrutes e o meu consello é que vivas sen importar nada. Quérote. E para ti Álvaro que che vou decir que non saibas. Aproveito para felicitarte polo teu cumpreanos, aproveito para felicitar ao amor da miña vida. Ámote hoxe e sempre. Felicidades aos dous!

O meu neno cumpre 12 anos

Adórote. So teño palabras de agradecemento á vida por darme a oportunidade de ter esta xoia de rapaz. Nunca me cansarei de dar as gracias, por terte. Que sorte experimentar o de ser nai, fai xa doce anos, a verdade e que case non me creo que Pabliño, o meu neniño cumpre xa 12 anos! A vida vai así de rápido! Quero dedicar as palabras deste blog a él, por valiente xa no momento de estar na barriguiña con todo o que tivo que pasar, por superarse no seu día a día, por ser bo compañeiro, o mellor irmán que podía ter Miguel, o mellor fillo e sobre todo moi boa persoa. Sei que vas a ser o que ti queiras na vida, pero o mais importante para os teus papás e que medres como persoa, e xa sei que eres todo un homiño! Por eso che desexo un feliz cumpreanos! Tanto eu coma o teu pai e Miguel queremoste moito! Disfruta dos teus 12 anos!

Cambios no Refuxio

Los orígenes de este restaurante se remontan a los años 50 del siglo pasado cuando Adolfo Pereira y Piedad Rodríguez (abuelos de la actual gerente) deciden abrir una taberna en Merza, ligada en parte a atender todo el movimiento social que generó en esa época la explotación de las minas de wolframio de Fontao. Además de servicios de bar, la taberna hacía comidas y menús, cogiendo fama sus cocidos y las truchas que por aquel entonces se podían degustar allí. Dos hijas de esta pareja siguieron los pasos de sus padres y, de esta forma Milagros Pereira, una vez emigrada a los Estados Unidos monta su propia empresa de cátering y llega a hacer trabajos incluso para la Casa Blanca. Carmen Pereira sigue trabajando y gestionando la taberna fundada por sus padres, que poco a poco va ganando fama, tradición y buen hacer. En el año 2003 Natalia Guzmán Pereira toma el relevo de sus predecesores y comienza a gestionar la taberna, llevando a cabo reformas muy significativas del local para darle una imagen más moderna y atractiva, convirtiendo también la empresa en una sociedad limitada. Poco a poco, O Refuxio S.L. empieza a expandirse y en el año 2007 abre una cervecería en Silleda que también está teniendo muy buena acogida dentro de esta localidad. En el año 2011 abre sus puertas un pequeño chiringuito en el Área Biosaludable de la Playa Fluvial de “A Carixa”; y en el año 2018 se hace con la concesión del otro chiringuito del Área Recreativa de “A Carixa”; éste último situado en la zona de baño. Ambos establecimientos hacen las delicias de los usuarios ya que además de ofrecer servicios hosteleros, organizan juegos y distintas actividades lúdicas, artísticas y culturales (conciertos, cuentacuentos, degustaciones…). En los últimos años O Refuxio S.L. está ofreciendo con éxito cada vez más variados servicios de cátering en bodas, bautizos, comuniones, grabaciones de distintas productoras de cine y televisión y distintos eventos y celebraciones que están teniendo gran aceptación en toda Galicia y que hacen que este restaurante esté participando con éxito en las ferias y eventos gastronómicos con más fama de nuestra comunidad autónoma. Para esto cuenta con todo tipo de mobiliario, carpas, medios de transporte, etc. El buen hacer de la empresa O Refuxio S.L. en los últimos años la ha llevado a alcanzar premios gastronómicos de gran prestigio como el 3º premio en el año 2010, el 2º en el año 2012 y el 1º en el año 2016 en el concurso de empanadas organizado por la popular fiesta de la empanada de Bandeira; el Premio Gastronómico do Galo de Curral concedido por el Concello de Vila de Cruces o el premio a la mejor atención al cliente que concede la organización de la feria gastronómica Xantar de Ourense. En esta misma feria, en el año 2016, la “Cofradía Gastronómica Luso Galaica” le concedió su diploma de honor y su medalla de oro, y la “Orden do Patrimonio Inmaterial Gastronómico Ibérico” le concedió a su cocinera jefa, Natalia Guzmán, la distinción de cocinera 5 estrellas. La actual gerente, Natalia Guzmán, también ha sido requerida en distintas ocasiones como jurado en diversos premios gastronómicos y como maestra de cursos de distintos tipos de cocina. El restaurante O Refuxio también ha colaborado en los últimos tiempos con la prensa escrita (La voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra…), con programas de radio (“Galicia por diante” o “Coñecer Galicia” de la Radio gallega) y programas de televisión (“Boas Tardes”, “Larpeiros” o “Desafío entre fogóns” de la TVG, “De bares” de VTelevisión…) enseñando algunos de los secretos del fantástico sabor e imagen de sus platos. En la actualidad esta empresa hostelera se especializó sobre todo en la cocina tradicional gallega y la nueva cocina, aunque la variedad también define su oferta gastronómica, contando su carta con productos de cocina española, parrilla, cocina internacional, etc. Tradición, familia, buen hacer, modernidad y dinamismo son palabras que podrían definir la empresa de restauración y hostelería O Refuxio.

38 anos no que o reloxo non para

Onte cumprin 38 anos e quero comezar dicindo gracias e mil gracias aos que onte tivestes un minuto para parar e darme un feliz cumple. Cada día sinto mais ánimos por estar viva. A verdade e que cada ano que pasa teño mil agradecementos á vida por darme a gran oportunidade de ver como medran estes dous tesouros, e non quero, deixar pasar a ocasión de felicitar aos meus pais. Sen eles tampouco seria posible esta celebración, a vida. Sobre todo á miña querida nai, sei que sempre estas ahí no meu corazón. Amote mais ca nunca. Invito a todos a reflexionar no día de hoxe con estas pequenas lineas que tamén son de axuda para min. Vivimos nunha sociedade de tecnoloxías, de prisas, de decirlle adeus á xente e non parar. De non recibir unha soa carta. Parece que vivimos nunha sociedade surrealista. Doume conta que o reloxo vai demasiado de prisa. Hai que pensar sempre en positivo, a min é o que me leva a ter un proxecto e levalo a cabo cada día. Intento esforzarme para ser mellor profesional xa que estou formada en Dirección de Cociña pero a mellor aprendizaxe é o día a día e a vida en si, a xente que te rodea. Cambiei moito como persoa pero cada día doume mais conta que sei o que quero, SER FELIZ! E sei que si o son, gracias a esta familia e ao proxecto que medra cada día. Chegou o momento de poñer a esta “taberniña” como un referente a nivel comarcal. Cando alguén quere algo so ten que marcarse un obxectivo, porque se pode conseguir. Quero dar as gracias tamén a Alvaro porque foi sempre un pilar fundamental da miña vida, ao meu avó, a Celsa e a todo o persoal do Refuxio porque sei que sen eles non o conseguiría. Estou metida nun proxecto increible, nunha transformación do Refuxio que moi pronto verá a luz. 38 anos xa! Era onte cando tiña 20! E cun proxecto novo de negocio, a punto de abrir o restaurante despois das reformas e de formarme como profesional do sector. Precisamos non ter reloxo para ser super felices. Gracias a tod@s polas felicitación e a seguir cumprindo!

12 anos sen tí

Onte foi un día coma calquer outro pero quería dedicarllo a miña nai, a persoa mais importante da miña vida, un pilar fundamental na miña infancia e adolescencia. Hoxe quero dedicarlle unhas palabras de amor infinito e darlle as gracias por estar conmigo ata que tivo que partir, sei que dende onde está, está apoiandome e guiándome sempre polo bo camiño. Non teño palabras de agradecemento á vida por darme un anxo, Carmen que así se chamaba. Esa maravillosa nai que me deu a vida e hoxe quero facerlle un aniversario especial. E celebrar a vida, non a morte, para iso pensei en dedicarlle todo o amor do mundo a ese ser maravilloso que Deus me dou como nai. Fixo onte 12 anos que se despideu dos seus seres queridos e con gran amor hacia todos. Desexo que todo o mundo, en especial eu, poidamos ser nesta vida a metade de boa persoa que foi ela. Canta sabiduría e bos consellos me deches! Cantas ganas de vivir! Para ti nunca foi un impedimento a enfermidade! Mamá eres grande! Digo eres porque estás no meu corazón, no meu alento e nos meus sentimentos e no día a día. Sei que parte do meu logro como persoa e profesional o teño de ti por iso quero decirche que moitísimas gracias por levarme da man dende pequeniña e por estar ahí axudándome cada vez que caigo a levantarme. Por falar conmigo cada día que che pido consello. Hoxe quero facerche un pequeno homenaxe por ser a muller que fuches a fundadora do Refuxio, unha muller loitadora. Estou sen palabras, amote e lévote no meu corazón. Disfrutade que a vida e demasiado corta!

Menús de Nadal

Para disfrutar no restaurante… Chegaron os MENÚS DE NADAL para celebralo por todo o alto! Ceas de empresa, de amig@s, de familia…. ti decides o motivo e nos facémosche a cea. Para disfrutar no restaurante podes escoller entre tres menús, fai a tua reserva! Chamanos ao  607 919 241 ou ao  986 583 572…e tamén para levar!

A Banda Artística de Merza no Gaiás

O sábado asistín á estrea en Galicia da Queen Symphony na que a Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati nos trouxeron á Cidade da Cultura a reinterpretación sinfónica dos éxitos da mítica banda inglesa, composta por Tolga Kashif. Foi todo un espectáculo! Tiña gañas de rir, chorar, foron moitas emocións xuntas. Fun membro durante 15 anos de esta maravillosa banda e o que sentín non se pode describir con palabras. Quero darlle 1.000 gracias á banda, o director e a cada un dos músicos que a compoñen porque sen eles isto non sería posible. Que sigan adiante con este proxecto maravilloso porque Merza merécese unha banda coma esta. É a mellor banda de Galicia, sen dúbida. Sobretodo en sentimentos e corazón. Hai moitas bandas moi boas en Galicia pero o que onte transmitiron na Cidade da Cultura foi único. Ata me desestresei! Hai que seguir traballando e confiando neses músicos xa que o mais importante que ten Merza é a banda. Ata nenos de 3 anos estaban coa boca aberta durante o espectáculo! O sitio era idóneo para facelo e había moitísima xente. Dende aquí quero pedirlle as administracións que axude ás bandas, que apoie á cultura para que todos poidamos medrar como persoas.

Sempre hai un oco para ser feliz

Sabedes que amo a hostelería pero os meus fillos teñen un amor moi grande por todo o que fan. Aquí vos deixo unha demostración! Todos os martes él é o seu irmán veñen aprender un oficio que non sei se lles valerá para un futuro pero o que si sei é que o aman tanto coma min. No verán é moi complicado que poida ter vida familiar por tanto traballo, pero estes momentos son os que me enchen o corazón nos momentos libres. Ámovos pequenos! Consello aos que tendes moito traballo: intentade dar un respiro aínda que non teñades tempo! Sempre hai un oco para ser feliz!