O Refuxio

Cando pensabamos que xa non quedaban sorrisos, cantos apareceron!

Vía entón a Carmen e a Cecilia traballar sen parar no Refuxio. Xunto con Celsa, foron unha gran bendición para a nosa familia. E neste momento, o meu neno foi, coma todos, unha ledicia para toda a casa. Cando pensabamos que xa non quedaban sorrisos, cantos apareceron!

Pasado un tempo, quixen que Pablo tivese un irmán. Miguel chegaría ás nosas vidas 21 meses despois do seu nacemento. En todo este tempo, seguín coa miña actividade habitual no restaurante. Afortunadamente, as cousas ían cada vez mellor. Descubrín que si, que a cociña si me gustaba. E recordei a miña nai e o seu: “Natalia, fai unha tarta”!

Teño que recoñecer que, de sempre, tiven don de xentes. É algo que non me causa esforzo ningún. Con 25 anos, Paula deixou O Refuxio para seguir outros camiños laborais. E si, boteina moito de menos. Miña irmá é un piar fundamental para min, como xa sabedes.

Tiña 26 anos cando naceu Miguel. Pouco despois, comezaría unha nova etapa da miña vida. Unha etapa coa que non contaba e que vos relatarei o próximo día.

 

Grazas por lerme en O meu outro refuxio!

–Leva sempre un sorriso contigo–