O Refuxio

Ata sempre, José! Sempre te lembraremos con moito amor.

Para min é super importante a familia que construín durante os 23 anos que levo ao frente do Refuxio. Esta fin de semana, José Otero Pena, un cliente fiel desde os meus comezos na hostelería, deixounos. E quero facer unha homenaxe persoal a el e a toda a súa familia. Empresario, xerente dunha imprenta, amigo, pai, avó, excelente persoa, … Non hai palabras para definir o que eras para min. Botareite moitísimo de menos. E a Isa, a túa muller, dicirlle que moito ánimo, que sei que é forte e que vai seguir loitando polos seus. É para min un día triste e cheo de recordos e anécdotas. Otero, como lle chamaba eu, foi e será sempre alguén que loitou moito na súa vida, e que amaba o seu pobo. Alguén que tiña as súas raíces en Senín, pretiño do Refuxio, e que sempre pasaba a visitarme, e ó que tiven o pracer de poder poñerlle a súa tartiña de wishky cada vez que viña. Sei que é un momento durísimo para os seus fillos, amigos e netos, pero pídovos moita fe, e recordar todos os momentos vividos.  Eu esta noite recordei todos os libros que me regalou nestes anos para os meus pequenos. Tamén recordei todas as maquetas hermosas de paxariños que me deu, e sobre todo, recordei os momentos vividos ao largo destes 20 anos nos que me sentaba na hora café a parlotear da vida con el. Recordei o día que este último ano quedamos para ir comer… Que ben o pasamos, e que ben comemos!  Otero, deixas un vacío enorme na familia Refuxio, pero levareite sempre no recordo. Deixas unha pegada enorme aquí, e por iso esta homenaxe chea de amor, que queremos que perdure por sempre.  Vai por ti e pola gran familia que conseguiches, amigo. Un bico enorme, que sexas moi feliz aló onte estés.

Ata pronto, amada Carixa!

Como sabedes todos os que me coñecedes de verdade, nacín para a hostelería, e hoxe é un día que ten un sabor agridoce, porque toca despedirse (por agora) da miña amada Carixa. Escribo estas palabras para deixar unha pequena pegada no recordo, e para que sepades o motivo polo que decidín deixar o Chiringuito. O meu amado Refuxio e a Casa con Encanto seguen a medrar, e cada día teñen máis potencial. Por iso, véxome na obriga de tomar esta decisión, e centrarme en desfrutar a tope destes 2 negocios que tantas alegrías me dan. Quero dar mil grazas, en primeiro lugar ao antigo alcalde por facerlle caso fai xa 15 anos a esta rapaza, que por aquel entonces era un torbellino, e lle explicou que quería abrir un local na Carixa. Púxome todo ao meu alcance para conseguilo. Tamén dar as grazas a todas e cada unha das persoas do equipo, que alí estiveron dándoo todo. Falo sobre todo de Antía, recollendo pelotiñas da mini piscina como dicía ela; de Dani, que tamén comezou ahí e se fixo un gran profesional; de Jose, que como sabedes segue agora ao frente de Dúas Liñas en Arzúa; de Marcos, que hoxe traballa no Refuxio; de Cecilia, que rexenta o Refuxio de Silleda; de Celsa e Sandra, que moitísimas veces viñeron quitarnos de apuros e venderon unha morea de xeadiños; de Elena, que tirou dese local como se fose dela; de Adriana, que tamén pasou alí un verán como uhna campeona; de Sandriña, que tamén o deu todo con cada un de vós.  Para todos eles só teño palabras de agradecemento. A parte de ser parte da empresa sodes parte da miña vida persoal, e iso é o mellor! Doulle moitas grazas á vida por ponerme no camiño xente tan marabillosa. Grazas Álvaro polo apoio incondicional e por axudarme a poñer en marcha o local. Sen ti moitas veces non sería posible! Pablo e Miguel, os meus amores, grazas por entender que mamá tiña que traballar mentres vós estabades xogando no parque. Medrastes na Carixa e por eso a amades tanto coma min. Sei que para vós aínda é difícil asimilar que mamá tomara esta decisión, pero é polo ben de todos. Agora poderemos desfrutar deste lugar tan especial para nós “desde o outro lado” e sentarnos tranquilamente a saborear un xeado xuntos.  Cando dixen na casa: “chicos, mamá deixa a Carixa”, a contestación de Álvaro foi: “fas ben”. A contestación de Pablo: “mamá, estas segura? É unha pena” Pero a contestación de Miguel deixoume pasmadiña: “mamá, colloa eu!” Eu respondinlle: “Miguel, só tes 15 anos”, e él díxome: “dá igual mamá, eu podo”.  Isto encheu o meu peito de orgullo, porque me ven moi reflexada no meu fillo.  Miguel, tes moito por diante antes de chegar aquí, pero nada me gusta máis que verte loitar polos teus soños. Quero tamén dar as grazas ao alcalde que temos agora, por cada vez que o chamei escoitarme e intentar entender as necesidades que ten a Carixa, todo un reclamo turístico que é ben para todos mantela coidada e en boas condicións.  Grazas a vós, os máis importantes, fieles clientes. Sen vós isto nunca tería sido posible. Para min, a Carixa supuxo unha enorme aprendizaxe. Deume táboas, sobre todo para sair de apuros. Moitas comunións, bautizos, vodas, cumpleanos,… Moitísimas celebracións se me veñen agora á cabeza, e só me dán satisfación e recordos preciosos. A comunión dos meus nenos, a da miña adorada afillada Carmen, as vodas de ouro dos avós, … Sei que aquí ,neste fermoso lugar, vai quedar a pegada da nosa familia para sempre. Pero sobre todo, vai quedar no recordó de moitísima xente.  Grazas infinitas polo apoio a todos e espero vervos no Refuxio para tomar unha caña ou para desfrutar da nosa cociña, ou na Casa con Encanto.  Desexo de todo corazón que a persoa colla o Chiringuito a partir de agora, o colla ca mesma ilusión que o collín eu, e que o ame eo desfrute moito. Pero deixo claro que esta despedida non é un ata nunca, senón un ata pronto. Dentro dun par de anos, coas voltas que da a vida, quizá a Carixa e eu (ou alguén da miña familia) nos volvamos a reencontrar. Quen sabe?

Miguel, 1º Premio do Concurso de Interpretación Mestre Vide!

Hoxe é un día destes que vai quedar no recordo!  O noso pequeno da casa, Miguel, membro do trío que temos en Casa con Encanto e o meu meniño traste, gañou o primeiro premio no V Concurso de Interpretación Mestre Vide do CMUS de Ourense. Cando tiña tan só 11 aniños presentouse, acadando  e por aquel entonces o 2º posto. Pero grazas ás ganas, a constancia e a perseverancia, este sábado acadou o 1º posto neste prestixioso concurso.  Facemos unha mención especial ao gran talento que amosaron todos os participantes, é unha ledicia comprobar que o futuro da música está máis que garantizado.     Miguel, este é un pequeniño homenaxe para ti, o meu pequecho, ese rapaz que sempre se levanta contento con mil cousas para facer durante o día (non sei a quen te me pareces) Nunca cambies, ogallá que sempre leves dentro ese neno feliz e ilusionado que eres, sempre pensando nos demais, co teu marabilloso carácter e sobre todo, con tanto talento dentro!  Pero é certo que o talento hai que traballalo día a día, e iso é o que máis admiramos tanto Papá coma eu de ti. Cada día intentando superarte e traballando moi duro para conseguir as túas metas. Sei que vas chegar a onde ti te propoñas, porque eres súper responsable e traballador. Por iso dicirche grazas por ser como eres, grazas por querer como queres cada cousa que tocas, e grazas infinitas por facer a teu irmán feliz (porque él quedou máis feliz ca ti con este logro!)  Tamén quero dar un agradecemento especial a Modas Carmiña, por vestir tan ben ao noso artista; ao seu profesor Germán, sen ti esto non sería posible; á escola de Arzúa por deixarlle todos os instrumentos necesarios para poder levar a cabo a súa actuación; á Banda de Merza, da que Miguel forma parte, por deixarlle as instalacións para que puidese estudiar cada día; e a cada un de vós, que estivéstedes ahí dando o voso apoio incondicional Grazas Miguel por demostrarnos que a vida é fermosa cada día ao teu lado. Querémoste infinito, Mamá, Papá e o teu amado Pablo.

Amor de filla infinito

Aquí sigo, Mamá.Nesta parte do mundo, desfrutando cada intre que me deu a vida. Intentando vivir todo como si fose esa neniña á que ti inculcaches todo o que hoxe considero que son. O primeiro legado que me deixaches é o de ser fiel a min mesma e amar todo o que toco como se me fose a vida nelo. Iso é o que me fixeches ver cada día, dende cada puntada que dabas tecendo os nosos vestidos, sen eu naquel intre poder percatarme do significado que hoxe terian para min os teus actos.Perseverancia, amor, sacrificio, ilusión, metas, satisfación, compromiso, paixón, … Valores e principios que hoxe corren polas miñas venas, e que ti me transmitiche. Que traballo máis grande fixeches, de verdade Mamá!!Eu quero enviarche unha adicatoria especial hoxe, o día do amor. O día deso que sempre encheu o teu corazón, repleto de bondade para todos os que te coñecían. Fúcheste xa fai 17 anos, nada máis e nada menos… Pero para min sempre quedaches ao meu carón, e ano a ano sigo amándote e recordando todo o bo que nos deixaches. Grazas infinitas por derrochar sabiduría no teu día a día, e grazas por deixarme o teu sorriso en momentos duros que nos toca atravesar na vida.Sei que onde estas dirás: “Natalia, fai así! Natalia! Natalia… Como cando me dabas os consellos eses que ti e eu sabemos e que naquel momento me sentaban tan mal, e hoxe son eu a que llos dá aos seus nenos. Teño a sorte de verme reflexada en ti, en escoitarte nas miñas palabras e verte nos meus actos. Ámote máis ca nunca! Grazas pola forza interior que me regalache. Que viva o amor incondicional!! Ese que nunca morre, ese amor que perdura no tempo, tan puro como o día que saín do teu ventre. Mamá ámote infinito. A tua nena,Natalia.