O Refuxio

Felicidades ao noso neno!

Hoxe é o cumpreanos dun rapaz que fai dous anos e medio entrou con moitas ganas de aprender esta profesión e que hoxe se está a formar para ser un gran profesional. Hoxe é o cumpreanos de José. Moitas felicidades! Temos moita sorte de terte ao noso lado xa que sen ti a empresa non … Ler máis

Noraboa ao meu músico favorito

Como xa sabedes, Álvaro é alguén moi especial para min e hoxe merécese un oco neste blog. Quero darlle a noraboa porque despois de ensaios e mais ensaios acaba de ser mais que recoñecida a súa labor como director da Banda de Música Cultural de Teo ao gañar o Certame Galego de Bandas de Música. … Ler máis

Cada día coma hoxe, dou as gracias por estar aquí

Hoxe, sendo o Día Internacional do Cáncer do Mama quero aproveitar para escribir unhas palabras nesta plataforma que tanto me axudou persoalmente. Teño chorado moito, sobre todo cando acabo de escribir e recordo con nostalxia a cada un dos seres queridos que xa non me acompañan no meu día a día pero sei que dende … Ler máis

Parabéns Ceci, amiga, irmá e compañeira

Hai xente importante na miña vida. Moita. Como sabedes teño a gran fortuna de ter a grandes persoas ao meu carón. E hoxe é o día dunha delas, de Ceci, que celebra o seu cumpreanos. Amiga, irmá, compañeira… tódalas palabras son poucas para ela. Realmente, é alguén máis que especial, logo de tódolos anos que … Ler máis

En agosto temos festa en Merza!

Sorte, sorte e sorte para a gran comisión de festas de Merza! Desexamos que, co seu traballo, comece unha nova etapa de festa para o noso pobo! Levamos moitos anos sen organizalas e teño que recoñecer que me fai moita pero moita ilusión que se xuntase un equipo de xente tan forte e decidida que soubo … Ler máis

Cada día é un día para dar grazas

Cada día é especial. Cada día é un día para dar grazas. Por vivir. Por poder sorrir. Por ter momentos duros pero tamén a sorte de loitar para superalos. No meu día a día, son consciente da gran sorte que teño. Hoxe quero, en especial, facer mención ao afortunada que me fai o meu traballo. … Ler máis

Un encontro cheo de boa música

Esta fin de semana busquei un oco onde non o tiña para disfrutar do reencontro de veteranos da Banda de Merza que comezamos unha nova andadura con esta sección. Xa facía mais de 15 anos que non dábamos unha nota todos xuntos e por fin o conseguimos! Din que os soños sempre se cumpren cando … Ler máis

Un ano. 365 días sen ti, avoa.

Un ano. 365 días sen ti, avoa. Xornadas nas que, a diario, te boto en falta. E non imaxinas canto. Eras todo para min. Por suposto, o motor fundamental desta empresa, á que tanto adicaches. Pero moito máis. Tamén o motor da miña vida, a que me daba folgos cando máis o precisaba. A que … Ler máis

Hoxe cumpre anos a irmá que sempre agradecerei ter

Hoxe é o seu día. Cumpre anos miña irmá. Unha irmá que sempre agradecerei ter e que se merece que os seus días sexan todos de ledicia. Sempre estivo comigo. Pero foi nos momentos máis difíciles nos que se converteu no apoio que máis precisaba, na fortaleza que ás veces me faltaba e nas risas … Ler máis

Hoxe cumpre anos a persoa da miña vida

Hoxe está de cumpreanos a persoa da miña vida. O meu home, Álvaro. Tódalas palabras que poida dedicarlle fanse poucas. Todos sabedes do seu enorme apoio. Da súa axuda, constante, incondicional. Sempre. Cada día. Por iso, hoxe máis que nunca quero darlle as GRAZAS. Así, en maiúsculas. Porque aínda que llas dese a cada segundo … Ler máis