Sorte, sorte e sorte para a gran comisión de festas de Merza! Desexamos que, co seu traballo, comece unha nova etapa de festa para o noso pobo! Levamos moitos anos sen organizalas e teño que recoñecer que me fai moita pero moita ilusión que se xuntase un equipo de xente tan forte e decidida que soubo demostrar que a amizade, o sentimento, a forza e a ilusión sempre gañan.
Logo de máis dunha década sen festas, vese que con vontade e ánimo podemos facer moito polo noso pobo. E especialmente polos nosos pequenos, que nunca viviron unhas festas así e que este ano poderán facelo. Gústame, ademais, ver como todos nos apoiamos e se olvidan os pequenos problemas e rencores do pasado. Coma sempre vos digo, a vida son catro días e o importante é vivilos por todo o alto en compañía dos nosos seres queridos.
Se me permitides, quero facer unha mención especial para un dos membros desta comisión, o meu home, do que estou orgullosa por centos de motivos.
En resumo, que viva a festa!