Hoxe está de cumpreanos a persoa da miña vida. O meu home, Álvaro. Tódalas palabras que poida dedicarlle fanse poucas. Todos sabedes do seu enorme apoio. Da súa axuda, constante, incondicional. Sempre. Cada día. Por iso, hoxe máis que nunca quero darlle as GRAZAS. Así, en maiúsculas. Porque aínda que llas dese a cada segundo serían ben poucas para as que el merece.
Tivemos que superar algúns obstáculos. Certo é. Non foron poucos. Pero aquí estamos. Xuntos e namorados. Non só é a mellor parella senón que tamén é un gran amigo. Deses que un sempre agradece ter preto. Bo pai, por suposto, chega con ver o sorriso dos nosos pequenos. Pero resulta que tamén é bo cociñeiro, si si, chego cansada á casa e véxoo a el, preparando un dos seus pratos máis persoais para toda a familia. E logo digo que a cociñeira son eu! Non cambio unha receta das súas por ningunha das miñas!
“Papá” (encántame chamarte así), hoxe é o teu día. Un día para celebrar que temos a sorte de pasalo xuntos e poder pedir que sexa así por moitos anos. Sabes que te amo e que o meu agradecemento sempre te ten a ti como primeiro destinatario. FELIZ DÍA!