O Refuxio

Hoxe cumprimos dez anos de casados! Grazas por selo todo, Álvaro!

Din que os números, cando son redondos, son a excusa perfecta para fixarnos máis neles. No meu caso, cada día estou de aniversario. Pero hoxe é unha xornada aínda máis especial. Álvaro e eu cumprimos 10 anos de casados. A primeira década das moitas que agardo! E neste momento quero, unha vez máis, darlle as grazas.

Todos vós sabedes a importancia que Álvaro ten na miña vida. É parte fundamental de min. A miña enfermidade fixo que estes dez anos non fosen todo o fácil que algún día imaxinamos. Houbo obstáculos. Houbos momentos duros. Pero sempre estiveches ao meu carón. O teu apoio sempre me axudou a saír adiante. Mesmo cando pensaba que xa non o conseguiría. Tódalas grazas que poida darche son poucas.

13427940_854823434629618_3907208132581303472_n

Grazas, tamén, polos nosos dous pequenos, que o son todo. Recordo aquel día que hoxe celebramos, que fermoso foi. Non imaxinaba o que ía pasar pouco despois. Fun inmensamente feliz: tiña ao lado a miña nai e a miña avoa. E iso tamén quero celebralo. Que puiden compartir con elas ese momento. Hoxe, máis que nunca, celebro este día.