Hoxe é un día destes que vai quedar no recordo!
O noso pequeno da casa, Miguel, membro do trío que temos en Casa con Encanto e o meu meniño traste, gañou o primeiro premio no V Concurso de Interpretación Mestre Vide do CMUS de Ourense.
Cando tiña tan só 11 aniños presentouse, acadando e por aquel entonces o 2º posto. Pero grazas ás ganas, a constancia e a perseverancia, este sábado acadou o 1º posto neste prestixioso concurso.
Facemos unha mención especial ao gran talento que amosaron todos os participantes, é unha ledicia comprobar que o futuro da música está máis que garantizado.
Miguel, este é un pequeniño homenaxe para ti, o meu pequecho, ese rapaz que sempre se levanta contento con mil cousas para facer durante o día (non sei a quen te me pareces)
Nunca cambies, ogallá que sempre leves dentro ese neno feliz e ilusionado que eres, sempre pensando nos demais, co teu marabilloso carácter e sobre todo, con tanto talento dentro!
Pero é certo que o talento hai que traballalo día a día, e iso é o que máis admiramos tanto Papá coma eu de ti. Cada día intentando superarte e traballando moi duro para conseguir as túas metas.
Sei que vas chegar a onde ti te propoñas, porque eres súper responsable e traballador. Por iso dicirche grazas por ser como eres, grazas por querer como queres cada cousa que tocas, e grazas infinitas por facer a teu irmán feliz (porque él quedou máis feliz ca ti con este logro!)
Tamén quero dar un agradecemento especial a Modas Carmiña, por vestir tan ben ao noso artista; ao seu profesor Germán, sen ti esto non sería posible; á escola de Arzúa por deixarlle todos os instrumentos necesarios para poder levar a cabo a súa actuación; á Banda de Merza, da que Miguel forma parte, por deixarlle as instalacións para que puidese estudiar cada día; e a cada un de vós, que estivéstedes ahí dando o voso apoio incondicional
Grazas Miguel por demostrarnos que a vida é fermosa cada día ao teu lado.
Querémoste infinito,
Mamá, Papá e o teu amado Pablo.