Como xa sabedes, Álvaro é alguén moi especial para min e hoxe merécese un oco neste blog. Quero darlle a noraboa porque despois de ensaios e mais ensaios acaba de ser mais que recoñecida a súa labor como director da Banda de Música Cultural de Teo ao gañar o Certame Galego de Bandas de Música. Noraboa, telo mais que merecido!
Como digo sempre, todo esforzo sempre vale a pena e ten a súa recompensa. So había que escoitar esa banda no auditorio de Santiago de Compostela, sentir esa música e sobre todo ver ao público en pé para saber que levaríades algo para a casa.
O que mais me emocionou foi ver a esos nenos e nenas, mozos e mozas, sentindo a música como a vida, amistade e amor. Dentro da banda sabemos que o tendes mais ca presente. Sobre todo tendo a este director que o da todo por vos, e sei que vos por el.
Noraboa a toda a banda polo premio recibido no día de onte. Viva a banda de Teo! Viva a música!