O Refuxio

Once anos. Once anos de felicidade.

Día trece de xaneiro , fai 11 anos si, once anos que a esta hora estaba na perruquería poñéndome guapísima para chegar ao altar e dar o si quero a Álvaro. Deus como pasa o tempo! A verdade e que non nos damos conta do rápido que pasa esta vida ou creo que non nos damos conta ata que recordamos con nostalxia parte das nosas experiencias anteriores. Teño que dar as gracias infinitas a poder cada ano recordar o anterior.

Ese día foi fermoso. Casamos en Merza, neste fermosísimo lugar que a verdade naquel entonces non sabía que iba ser onde afincaríamos as nosas raices. Por aquel entonces tiñamos en mente formar unha familia que xa estaba dando o seu fruto na miña barriguiña. Si, Pablo xa nos acompañou a esa fermosa ceremonia. Creo que o destino xa nos deparaba quedarnos en Merza. A semana anterior á voda estreamos un piso en Silleda pero o destino fixo que acabáramos en Merza Amo este pobo!

Como vos dicía ese día foi fermoso. 345 persoas nos acompañaron no acontecemento, un día súper especial onde casaba unha rapaza que amaba todo. Que realmente era moi inxénua que non sabía que a vida tiña deparado para ela moitísimas cousas e que de cada unha delas iba a quitar unha ensinanza.

Ó seu caron estaba Álvaro, super festeiro e super formal á sua vez. Moi amigo dos seus amigos, que día a día na sua compañía fomos coñecéndonos e intentando correxir cada un de nos o que nos molestaba do outro. O amor verdadeiro é o que pasa obstáculos e os vas superando como se fose unha partida de axedrez, este é o amor verdadeiro porque todos sabedes que a vida, como din os nosos maiores, non é de cor de rosa.

Pero o que pretendo transmitirvos eu é que fagamos a nosa vida o mais de cor rosa posible, algúns consellos que me permito darvos coa intención de poder axudar. E que os malos momentos van e veñen pero hai que intentar tomalo coma esa peza de axedrez que falamos onde cae a dama e na seguinte partida xa está levantada.

Cada mañan intentade despertar co amor mais infinito a todo o que fagades: ó traballo, os nosos veciños (aínda que algunhas circunstancias sexan difíciles ou non te fales con algún ti desexalle o mellor, o teu corazón agradeceracho), á tua familia , os teus inimigos, etc..En definitiva, rodeádevos da vosa xente mais querida.

Agora a miña sensación de cada día é que o día me pasa moi pronto e que quero disfrutar de tantas cousas que pola mañan escribo na axenda esto, mais esto, mais esto… e chega unha hora e digo Deus! xa pasou o día! Pero quédome que co que fixen, fixeno cun amor infinito, é o que non me dou tempo na miña vida laboral queda para mañan.

Polo que o regalo que mais ilusión sei que lle fai a Álvaro é o meu tempo. Non é un agasallo que me coste cartos, nin teño que andar a correr buscando, a verdade levoume case 11 anos descubrilo, que este home o que quere é tempo ca sua muller e a sua familia. Iso che vou a dar, tempo.

Gracias por darme ti estos fermosos 11 anos e ensinarme que o tempo é gratis que non teño que traballar mais horas que da o reloxo, que menos é mais, que ter tempo é poder xestionar mellor todo e con mais cabeza.

Por iso e porque te quero douche moitísimos parabens e un enorme abrazo de amor infinito.