O Refuxio

Pablo cumpre dez anos: quen me ía dicir que chegaría a velo!

Hoxe é o cumple de Pablo. Dez anos xa. Como corre esta vida! Doume conta a diario e, tamén, a diario dou as grazas. As grazas á vida por permitirme, cada día, disfrutar da miña familia.

Pablo é o meu primeiro amoriño. O meu neno. Que chegou cando máis o precisaba para demostrarme que a vida me daba un novo impulso, aínda que naquel momentos as dificultades eran moitas. Estabamos sen pelo, si. Pero non sen ánimo. E pronto chegaría o seu irmán, para colmarnos de ledicia.

img-20170509-wa0006

Quen me ía dicir que ía chegar a este momento! A poder celebrar os dez anos do meu pequeno! Son sincera e digo que algo, no meu interior, me dicía que podería disfrutar á miña familiar. Pero xa sabedes, ás veces os medos tamén nos acompañan. Con todo isto quero dicir algo: disfrutade a todos os vosos a cada minuto. Non importa o día que sexa. O que importa é que estades xuntos.

Felicidades cariño! E felicidades a todos os que, cada mañá, loitades un pouquiño máis!

Grazas por lerme!