Hai xente importante na miña vida. Moita. Como sabedes teño a gran fortuna de ter a grandes persoas ao meu carón. E hoxe é o día dunha delas, de Ceci, que celebra o seu cumpreanos. Amiga, irmá, compañeira… tódalas palabras son poucas para ela. Realmente, é alguén máis que especial, logo de tódolos anos que levamos xuntas.
Grazas é pouco dicir, moi pouco. Só espero estar, nesta vida, sempre ao teu lado. É un orgullo compartir a vida contigo. Perdona porque moitas veces o estrés non nos permite ter tempo para todo pero sendo nenas comezamos no Refuxio e aquí seguimos. Nunca olvidarei aqueles días de festa nos que volviamos abrir as portas pasadas só unhas poucas horas.
Quérote Ceci! Parabéns no teu día!
Grazas por formar parte do meu!