O Refuxio

Que fago? Como sigo adiante? Precisaba respostas

Que fago? Isto foi o que preguntei no momento de perder a miña nai. Como vos dicía, naquel entón estaba embarazada de seis meses.

Abriramos O Refuxio facía un tempo. Con moita ilusión. Pero iso ocuparanos un pouco máis adiante. Naquel momento, só pechei as súas portas un día. Meus avós, meu pai, miña irmá, o meu home e tamén o meu neno necesitábanme. Aí tiña a resposta . Tiña que seguir adiante, como miña nai me pedira.

Non vos vou enganar. Non foi nada sinxelo. Aos poucos días tiven que ingresar no hospital. Parece que o parto quería adiantarse. Recomendáronme reposo absoluto. Pero non o cumprín. Case traballei máis que nunca. Tanto que tiveron que provocarme o parto e acabei precisando unha cesárea.

No mes que estiven convalecente, O Refuxio comezaba xa a converterse en O Meu Outro Refuxio.

 

Grazas por lerme en O meu outro refuxio!

–Leva sempre un sorriso contigo–