O Refuxio

Vai por ti, Jose!

Onte foi un deses días “especiais” que teño a gran fortuna de poder celebrar rodeado da miña “familia” do Refuxio. Noite de grandes sentimentos e emocións recordando aquel día que entraches nas nosas vidas sendo un neno, con 18 anos recén cumplidiños, e dicíndome que querías ser camareiro. Recórdoo como se fose hoxe. Quen me ía dicir a min que este raparigo me iba a roubar o corazón!  Pois sí Jose, día a día pasaches a ser familia, amigo, fillo, irmán e hoxe quero facerche este pequeno homenaxe para que todos saiban o moito que te quero. 

Sei que a túa vida non foi nada sinxela, pero tamén sei que che deu a sorte de poder ter aqui, neste teu amado  Refuxio; o cariño dunha avoa,  Celsa, que te ama con loucura, os consellos do Roxo, que eres o seu neno, e o amor incondicional de Adolfo ¡Cantos recordos da avoa Piedad!

Grazas por coidarmos como se fosen os teus propios avós. Sabes que eles te amaban, grazas e mil veces grazas. Grazas tamén por xogar con Pablo e Miguel cando eran pequenos, coma se foran teus irmáns, (e darlle chuches ás miñas espaldas, que ben o sei😉). 

Grazas por medrar como persoa ao meu carón. Como profesional estou super orgullosa de todo o que evolucionaches no Refuxio, e perdoa polas veces que exercín de “mamá” dándoche consellos como o faría cun fillo. Hoxe eres  un gran rapaz “jaja tiña que dicilo”. 

Tamén quero dicirche que os teus compañeiros te adoran. Gran equipo e familia que conseguín formar neste Refuxio. 

Grazas a todos facer medrar empresa “O Refuxio” que con tanto esforzo, sacrificio, constancia, perseverancia, ilusión,  ganas  e, sobre todo amor, pola nosa profesión sacamos adiante.  

E sobre todo ti, meu Josiño, grazas por levar a empresa como se fose túa. E levar con amor, con ganas e con profesionalidade o noso catering a cada unha das casas que fomos. ¡Cantos recordos!

Sin máis, hoxe péchase unha etapa para ti, pero ábrese outra. 

Como sabedes fai uns anos decidín comprar un local en Arzúa, e fai oito meses abreu as súas portas. O primeiro que quero é dar un grazas enorme a ese fermoso pobo pola súa acollida. Un gran pracer en tan só oito meses deixar amigoS.  Decidín deixar o local e alquilarllo a Jose e ao seu socio Álex Cabanas.  

Como sabedes, Casa Con Encanto e O Refuxio son a miña paixón e requiren todo o meu tempo e esforzo, sei que O Refuxio de Arzúa queda nas mellores máns do mundo, co seu selo persoal. 

Sei que lles vai ir de maravilla porque cando se ama unha profesión, como a ama Jose ¡iso nunca falla! Deséxoche o mellor, e como che dixen onte “O Refuxio é, e será, sempre a túa casa e estarei sempre aqui para o que precises”. 

Sen máis, a partir de agora Arzúa cambia de xerencia, non deixedes de ir. 

Escribindo esto enchinme de chorar, un montón de recordos invaden a miña mente, pero de verdade estou super orgullosa de todo o que conseguimos da man. 

Amigo, agora a loitas por conseguir as túas metas. 

Unha aperta,

Natalia.