O Refuxio

Menús de Nadal

Para disfrutar no restaurante… Chegaron os MENÚS DE NADAL para celebralo por todo o alto! Ceas de empresa, de amig@s, de familia…. ti decides o motivo e nos facémosche a cea. Para disfrutar no restaurante podes escoller entre tres menús, fai a tua reserva! Chamanos ao  607 919 241 ou ao  986 583 572…e tamén … Ler máis

A Banda Artística de Merza no Gaiás

O sábado asistín á estrea en Galicia da Queen Symphony na que a Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati nos trouxeron á Cidade da Cultura a reinterpretación sinfónica dos éxitos da mítica banda inglesa, composta por Tolga Kashif. Foi todo un espectáculo! Tiña gañas de rir, chorar, foron moitas emocións xuntas. Fun … Ler máis

Felicidades á mellor irmá do mundo

Hoxe está a miña irmá de cumpreanos, a mellor irmá do mundo. Moitas felicidades!   Decirlle que a quero moito e que estou ahí para o que queira, sempre! Deséxoche que pases un feliz día aínda que hoxe che tocou traballar a tope xa que nos viñeches axudar ao Galo de Curral. Gracias! Por todo … Ler máis

11 anos de amor

Hoxe é un dia super especial. Fai 11 anos naceu o amor das nosas vidas, Pablo. Este neniño que xa é medio homiño trouxonos tanta felicidade á nosa familia e no momento mais oportuno. Tanto Álvaro como eu por aquel entonces estábamos super contentos do seu nacemento. Pablo é un rapaz cun carácter super amable, … Ler máis

9 anos. Gracias por deixarme velo medrar.

Deus como pasa o tempo, 9 aniños fai o meu pequerrecho e non me canso de agradecerlle á vida por deixarme velo medrar. O seu primeiro cumpreanos como sabedes tiña medo de non poder acompañalo na súa fermosa vida, pero cada ano que pasa doume conta de que Deus quixo facerme o gran regalo de … Ler máis

Pequeno gran cociñeiro

Sempre é un pracer traballar no que nos gusta, por iso son unhas boas datas para que cada un de nos desexe algo e ese algo se nos poida cumprir co paso do tempo. É un dos meus soños, é o traballo que teño e espero que o día de mañá poida ser tamén o … Ler máis

Noraboa ao meu músico favorito

Como xa sabedes, Álvaro é alguén moi especial para min e hoxe merécese un oco neste blog. Quero darlle a noraboa porque despois de ensaios e mais ensaios acaba de ser mais que recoñecida a súa labor como director da Banda de Música Cultural de Teo ao gañar o Certame Galego de Bandas de Música. … Ler máis

13 anos xuntos

  Hai pouco máis que poida dicir del. É a miña vida. O meu home. Sen el, simplemente non me imaxino. Xusto polas festas da Carixa, démonos o primeiro bico. O primeiro de moitos, todos eles igual de especiais. Fai agora 13 anos que comezamos o noso camiño e si, o 13 é un dos … Ler máis