O Refuxio

Un viva para o home mais loitador que coñezo

Hoxe é un día especial para o meu abuelo e non quería deixar pasar o día sen dedicarlle unhas fermosas palabras, aínda que sempre me vou quedar corta en palabras.

É unha persoa super loitadora e traballadora que a vida lle puxo moitos obstáculos e que cos seus 88 anos recén cumpridos vive no Refuxio xa que foi o seu creador. El e a miña avoa fundaron O Refuxio.

É moi loitador. Chegou a mercar o coitelo e o tenedor para poder comer que non tiña nada e con traballo e sacrificio foi adiante. Tivo grandes compañeiras na vida, que foron a miña avoa Piedad e a miña nai que sempre estiveron ao seu carón. Iso foi unha axuda para que el puidese medrar.

Hoxe segue coa mesma vitalidade, segue levándome as tapas a Silleda cada día, segue con esa ansia de pelar un saco de patacas, mellor un enteiro que unha metade, segue coa ansia de darlle aos animais, de coidar a horta, de levarlle a comida todos os días a unha persoa que se lle reparte dende o catering e él quere levarlla; e iso que el ten 88 e a señora 90 anos. Pero síntese capaz de levarlla todos os días.

Persoas coma el son as que me fan darme conta todos os días de que hai que seguir adiante e loitar. Quero darlle as gracias por estar conmigo, por estar connosco e sobre todo por axudar a medrar esta empresa. Vivan os teus 88 anos! Espero que o celebres como te mereces!