O Refuxio

Menús de Nadal

Para disfrutar no restaurante… Chegaron os MENÚS DE NADAL para celebralo por todo o alto! Ceas de empresa, de amig@s, de familia…. ti decides o motivo e nos facémosche a cea. Para disfrutar no restaurante podes escoller entre tres menús, fai a tua reserva! Chamanos ao  607 919 241 ou ao  986 583 572…e tamén para levar!

A Banda Artística de Merza no Gaiás

O sábado asistín á estrea en Galicia da Queen Symphony na que a Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati nos trouxeron á Cidade da Cultura a reinterpretación sinfónica dos éxitos da mítica banda inglesa, composta por Tolga Kashif. Foi todo un espectáculo! Tiña gañas de rir, chorar, foron moitas emocións xuntas. Fun membro durante 15 anos de esta maravillosa banda e o que sentín non se pode describir con palabras. Quero darlle 1.000 gracias á banda, o director e a cada un dos músicos que a compoñen porque sen eles isto non sería posible. Que sigan adiante con este proxecto maravilloso porque Merza merécese unha banda coma esta. É a mellor banda de Galicia, sen dúbida. Sobretodo en sentimentos e corazón. Hai moitas bandas moi boas en Galicia pero o que onte transmitiron na Cidade da Cultura foi único. Ata me desestresei! Hai que seguir traballando e confiando neses músicos xa que o mais importante que ten Merza é a banda. Ata nenos de 3 anos estaban coa boca aberta durante o espectáculo! O sitio era idóneo para facelo e había moitísima xente. Dende aquí quero pedirlle as administracións que axude ás bandas, que apoie á cultura para que todos poidamos medrar como persoas.

Sempre hai un oco para ser feliz

Sabedes que amo a hostelería pero os meus fillos teñen un amor moi grande por todo o que fan. Aquí vos deixo unha demostración! Todos os martes él é o seu irmán veñen aprender un oficio que non sei se lles valerá para un futuro pero o que si sei é que o aman tanto coma min. No verán é moi complicado que poida ter vida familiar por tanto traballo, pero estes momentos son os que me enchen o corazón nos momentos libres. Ámovos pequenos! Consello aos que tendes moito traballo: intentade dar un respiro aínda que non teñades tempo! Sempre hai un oco para ser feliz!

Felicidades á mellor irmá do mundo

Hoxe está a miña irmá de cumpreanos, a mellor irmá do mundo. Moitas felicidades!   Decirlle que a quero moito e que estou ahí para o que queira, sempre! Deséxoche que pases un feliz día aínda que hoxe che tocou traballar a tope xa que nos viñeches axudar ao Galo de Curral. Gracias! Por todo isto, por moito máis, por ser ti… por ter a sorte de terte, QUÉROTE IRMÁ!

11 anos de amor

Hoxe é un dia super especial. Fai 11 anos naceu o amor das nosas vidas, Pablo. Este neniño que xa é medio homiño trouxonos tanta felicidade á nosa familia e no momento mais oportuno. Tanto Álvaro como eu por aquel entonces estábamos super contentos do seu nacemento. Pablo é un rapaz cun carácter super amable, amigo dos seus amigos, cariñoso a mais non poder. Deus doume a oportunidade de ter duas xoias e sobre todo este neniño que é o mais cariñoso. Cada noite me dí que me ama e iso é fantástico escoitalo. É super amigo de seu irmán, quérense moitísimo. Están todo o día xuntos, xogan xuntos, leen xuntos, son coma xemelos! Xemelos de alma. Son coma gotas de auga! Estou moi agradecida á vida de darme esta xoia. Tanto seu pai coma eu estamos moi orgullosos del e desexámoslle un moi feliz cumpreanos. O que queremos é que medre como persoa que é o mais importante. Felicidades Pablo!

Temos os dous chiringuitos de A Carixa para o verán!

Si! Hoxe estou moi contenta porque imos rexentar durante os próximos anos os chiringuitos da area biosaudable de A Carixa, os dous! Quero invitar a toda a xente a que veña disfrutar deste paraxe único! Estou super satisfeita co logro que conseguimos, algo que non a todo o mundo lle sentou ben, pero dende a xerencia da empresa queremos expresar o amor infinito que lle teño ao meu pobo. Estades invitados a vir a esta paraxe natural, esta paraxe de todos. Quero facer hincapé  en que estou super orgullosa de participar nunha subasta super transparente, aínda que dende o aspecto persoal me da pena ter que competir con xente cercana e que non sempre teñen os mellores sentimentos hacia un. Quero facer hincapé en que isto é de todos e para todos. Podedes vir disfrutar das vosas comidas, ceremonias… Xa sabedes que estamos moi satisfeitos de atendervos. Hoxe celebro ser feliz e desexo que cada día sexamos mellor. Sempre intentamos dende a xerencia dar o mellor que sabemos con humildade e ao final o que aprendín neste proceso e que non son capaz de ter rencor. Enfádome moitísimo por inxustizas, por cousas que falan e que non te esperas pero no fondo penso: que pena por eles que teñen ese sentimento tan horrible! Moi pronto teredes noticias de como imos traballar este verán!

37 anos de loita e felicidade

Hoxe é o meu cumpreanos. Hoxe fai 8 anos que me detectaron cancro. Si, era Xoves Santo e ahí comezou todo. Pero hoxe estou feliz porque celebro un ano mais de vida. Gracias á forza dos meus seres queridos seguín e seguirei loitando por todos eles. E por todos vos que sodes parte importante do meu amado Refuxio porque sen vos nada sería igual nestes 15 anos de vida. Cumpro 37 anos, 37 anos de ilusión e amor polo que fago. Nacín e crieime entre fogóns e agora consolideime formándome en Dirección de Cociña. Pero o que de verdade sinto é que medro como profesional no meu día a día. Aínda que o que mais me gusta é medrar como persoa, iso é o que mais me satisfai de todo.   Gracias por estar ahí.

9 anos. Gracias por deixarme velo medrar.

Deus como pasa o tempo, 9 aniños fai o meu pequerrecho e non me canso de agradecerlle á vida por deixarme velo medrar. O seu primeiro cumpreanos como sabedes tiña medo de non poder acompañalo na súa fermosa vida, pero cada ano que pasa doume conta de que Deus quixo facerme o gran regalo de estar presente no día a día deste amor de rapaz. Sei que cada un ama aos seus, pero Miguel en particular demóstrame no seu día a día que a vida é fermosa, co seu carácter alegre, amigo dos seus amigos e o mellor é que non ten inimigos! Encántanme os nenos, sobre todo por esa inocencia que teñen, penso que todos debemos pensar no neno que leva dentro para intentar ser mais felices. Pois o que dicía, este amor de rapaz chegou á vida de Álvaro, á miña e á de seu irmán para enchela de felicidade. A verdade é que non dou expresado con palabras o que nos transmite. É incríble que con só 4 anos miraba ao ladiño da cama e decíame: “mami descansa que xa lle fago eu o leite a Pablo”; eu dicíalle: “tranquilo amor xa vai mama”. Sempre se percatou de todo, pero ca súa super sonrisa ía á cociña e preparáballe o leite ao seu irmán. E a día de hoxe ségueo facendo cada día. Sen ir mais lexos, o outro día díxenlle: “chicos preparou o almorzo mami” e dime Miguel “mama, ese é o meu traballo”. Como vos digo, é para comelo a besos. Ama a cociña, cada martes ven para aprender e elaborar algunha receita, e acompáñame, como di el, “cando fai falta”. Adora o fútbol, xogador de fútbol do equipo benxamín de Bandeira. E apasiónalle a música, é músico da Banda Xuvenil de Merza. Fai só unha semana gañou un concurso de xóvenes intérpretes. Como vedes é un rapaz que non perde un minuto da sua vida, dalle tempo a estudar e ser bo estudante, a xogar con todos os aparellos informáticos, a darlle as galiñas e a coidar o can. O que mais admiro del é o amor que sinte e pon por cada cousa que fai. Quere ser o mellor e sei que vai ser o que el queira ser porque co amor que fai todo vai chegar a ser moi bo. Pero o que nos gustaria e que fora igual de feliz toda a sua vida e que sentira esa paixón por todo. Non me podo esquecer de decirvos que ama e adora a seu irmán. A verdade e que nunca coñecín a dous irmáns que estén tanto xuntos e nunca lle tivera que dicir: “chicos non pelexedes”. Estes ámanse. Son, como di Miguel, “como xemelos”. Si si, sempre xuntos e falando de todo. Iso é unha gran lección que me dan no día a día. Amarse e disfrutar de cada cousa que fagamos como se fose a última vez. Gracias Miguel. Espero que cando sexas maior de idade, porque en sentimentos xa o eres, nunca cambies que sei que vas ser moi feliz . Feliz cumpreanos.

11 anos en ELA. A muller que mais amei.

Hoxe, 13 de febreiro, fai 11 anos que despedimos ao ser mais amado da miña vida e non quería deixar a ocasión de dedicarlle unhas palabras fermosas por darme a vida.Nunca me cansarei de dicirlle o que a amo, e o que significa para min. Día a día está nos meus pemsamentos. O que me gustaría hoxe é contarvos algunha anécdota que vivín con ELA, sobre todo para poder axudar a esa xente que hoxe se siente sen forzas. ELA como sabedes loitou ata que decidiu partir con todo o amor do mundo e díxonos ata pronto. E iso fixo porque cada día a sinto moi preto e axudámonos nas miñas metas e no día a día. Un día coma outro calquera dixome: “imos por unhas leitugas Natalia? E dixenlle: vale mamá! Deus, canto amo esa palabra MAMÁ e canto voto de menos poder dicila. Disfrutade das cousas, dígovolo dende o corazón…Pois como vos dicía esa mañá fomos ata a finca despois de poñer as primeiras leitugas e douse conta que se lle escapara unha prótesis do peito e que sen querer lle dera ca sacha, si coa sacha de por as leitugas. Deus! Miramos unha para a outra e tivemos que deitarnos na finca con dor de barriga das risas que nos pegamos, así e como ELA vía esa enfermidade. Por iso hoxe necesito dicirvos que tentedes do malo, sempre quitar algo positivo. Hoxe como cada día fagoche honra de ser como eres mamá. Gracias por axudarme a ser cada día mellor. Amote dende a Terra e sei que ti me amas dende o ceo.

Un viva para o home mais loitador que coñezo

Hoxe é un día especial para o meu abuelo e non quería deixar pasar o día sen dedicarlle unhas fermosas palabras, aínda que sempre me vou quedar corta en palabras. É unha persoa super loitadora e traballadora que a vida lle puxo moitos obstáculos e que cos seus 88 anos recén cumpridos vive no Refuxio xa que foi o seu creador. El e a miña avoa fundaron O Refuxio. É moi loitador. Chegou a mercar o coitelo e o tenedor para poder comer que non tiña nada e con traballo e sacrificio foi adiante. Tivo grandes compañeiras na vida, que foron a miña avoa Piedad e a miña nai que sempre estiveron ao seu carón. Iso foi unha axuda para que el puidese medrar. Hoxe segue coa mesma vitalidade, segue levándome as tapas a Silleda cada día, segue con esa ansia de pelar un saco de patacas, mellor un enteiro que unha metade, segue coa ansia de darlle aos animais, de coidar a horta, de levarlle a comida todos os días a unha persoa que se lle reparte dende o catering e él quere levarlla; e iso que el ten 88 e a señora 90 anos. Pero síntese capaz de levarlla todos os días. Persoas coma el son as que me fan darme conta todos os días de que hai que seguir adiante e loitar. Quero darlle as gracias por estar conmigo, por estar connosco e sobre todo por axudar a medrar esta empresa. Vivan os teus 88 anos! Espero que o celebres como te mereces!