O Refuxio

9 anos. Gracias por deixarme velo medrar.

Deus como pasa o tempo, 9 aniños fai o meu pequerrecho e non me canso de agradecerlle á vida por deixarme velo medrar. O seu primeiro cumpreanos como sabedes tiña medo de non poder acompañalo na súa fermosa vida, pero cada ano que pasa doume conta de que Deus quixo facerme o gran regalo de estar presente no día a día deste amor de rapaz. Sei que cada un ama aos seus, pero Miguel en particular demóstrame no seu día a día que a vida é fermosa, co seu carácter alegre, amigo dos seus amigos e o mellor é que non ten inimigos! Encántanme os nenos, sobre todo por esa inocencia que teñen, penso que todos debemos pensar no neno que leva dentro para intentar ser mais felices. Pois o que dicía, este amor de rapaz chegou á vida de Álvaro, á miña e á de seu irmán para enchela de felicidade. A verdade é que non dou expresado con palabras o que nos transmite. É incríble que con só 4 anos miraba ao ladiño da cama e decíame: “mami descansa que xa lle fago eu o leite a Pablo”; eu dicíalle: “tranquilo amor xa vai mama”. Sempre se percatou de todo, pero ca súa super sonrisa ía á cociña e preparáballe o leite ao seu irmán. E a día de hoxe ségueo facendo cada día. Sen ir mais lexos, o outro día díxenlle: “chicos preparou o almorzo mami” e dime Miguel “mama, ese é o meu traballo”. Como vos digo, é para comelo a besos. Ama a cociña, cada martes ven para aprender e elaborar algunha receita, e acompáñame, como di el, “cando fai falta”. Adora o fútbol, xogador de fútbol do equipo benxamín de Bandeira. E apasiónalle a música, é músico da Banda Xuvenil de Merza. Fai só unha semana gañou un concurso de xóvenes intérpretes. Como vedes é un rapaz que non perde un minuto da sua vida, dalle tempo a estudar e ser bo estudante, a xogar con todos os aparellos informáticos, a darlle as galiñas e a coidar o can. O que mais admiro del é o amor que sinte e pon por cada cousa que fai. Quere ser o mellor e sei que vai ser o que el queira ser porque co amor que fai todo vai chegar a ser moi bo. Pero o que nos gustaria e que fora igual de feliz toda a sua vida e que sentira esa paixón por todo. Non me podo esquecer de decirvos que ama e adora a seu irmán. A verdade e que nunca coñecín a dous irmáns que estén tanto xuntos e nunca lle tivera que dicir: “chicos non pelexedes”. Estes ámanse. Son, como di Miguel, “como xemelos”. Si si, sempre xuntos e falando de todo. Iso é unha gran lección que me dan no día a día. Amarse e disfrutar de cada cousa que fagamos como se fose a última vez. Gracias Miguel. Espero que cando sexas maior de idade, porque en sentimentos xa o eres, nunca cambies que sei que vas ser moi feliz . Feliz cumpreanos.

11 anos en ELA. A muller que mais amei.

Hoxe, 13 de febreiro, fai 11 anos que despedimos ao ser mais amado da miña vida e non quería deixar a ocasión de dedicarlle unhas palabras fermosas por darme a vida.Nunca me cansarei de dicirlle o que a amo, e o que significa para min. Día a día está nos meus pemsamentos. O que me gustaría hoxe é contarvos algunha anécdota que vivín con ELA, sobre todo para poder axudar a esa xente que hoxe se siente sen forzas. ELA como sabedes loitou ata que decidiu partir con todo o amor do mundo e díxonos ata pronto. E iso fixo porque cada día a sinto moi preto e axudámonos nas miñas metas e no día a día. Un día coma outro calquera dixome: “imos por unhas leitugas Natalia? E dixenlle: vale mamá! Deus, canto amo esa palabra MAMÁ e canto voto de menos poder dicila. Disfrutade das cousas, dígovolo dende o corazón…Pois como vos dicía esa mañá fomos ata a finca despois de poñer as primeiras leitugas e douse conta que se lle escapara unha prótesis do peito e que sen querer lle dera ca sacha, si coa sacha de por as leitugas. Deus! Miramos unha para a outra e tivemos que deitarnos na finca con dor de barriga das risas que nos pegamos, así e como ELA vía esa enfermidade. Por iso hoxe necesito dicirvos que tentedes do malo, sempre quitar algo positivo. Hoxe como cada día fagoche honra de ser como eres mamá. Gracias por axudarme a ser cada día mellor. Amote dende a Terra e sei que ti me amas dende o ceo.

Un viva para o home mais loitador que coñezo

Hoxe é un día especial para o meu abuelo e non quería deixar pasar o día sen dedicarlle unhas fermosas palabras, aínda que sempre me vou quedar corta en palabras. É unha persoa super loitadora e traballadora que a vida lle puxo moitos obstáculos e que cos seus 88 anos recén cumpridos vive no Refuxio xa que foi o seu creador. El e a miña avoa fundaron O Refuxio. É moi loitador. Chegou a mercar o coitelo e o tenedor para poder comer que non tiña nada e con traballo e sacrificio foi adiante. Tivo grandes compañeiras na vida, que foron a miña avoa Piedad e a miña nai que sempre estiveron ao seu carón. Iso foi unha axuda para que el puidese medrar. Hoxe segue coa mesma vitalidade, segue levándome as tapas a Silleda cada día, segue con esa ansia de pelar un saco de patacas, mellor un enteiro que unha metade, segue coa ansia de darlle aos animais, de coidar a horta, de levarlle a comida todos os días a unha persoa que se lle reparte dende o catering e él quere levarlla; e iso que el ten 88 e a señora 90 anos. Pero síntese capaz de levarlla todos os días. Persoas coma el son as que me fan darme conta todos os días de que hai que seguir adiante e loitar. Quero darlle as gracias por estar conmigo, por estar connosco e sobre todo por axudar a medrar esta empresa. Vivan os teus 88 anos! Espero que o celebres como te mereces!