O Refuxio

A quimioterapia é vida, nunha esquecerei estas catro palabras

Álvaro e eu decidimos pedir unha segunda opinión. En momentos coma este, sempre tés a esperanza de que houbese un erro, unha posibilidade de recuperar a normalidade previa a unha nova así.

No noso caso, chamei ao hospital universitario de Pamplona. Déronme cita para o día seguinte. Despois de comer, collemos o coche. Explicámoslle entón o que estaba pasando a meu pai e a miña sogra. Durmimos xa na cidade.

Non imaxinaba que faría o camiño de volta co tratamento de quimioterapia iniciado. Tendo en conta os antecedentes familiares e a situación, tiña que ser así. “A quimitorapia é vida”, nunca esquecerei estas poucas palabras que recollen unha verdade tan grande.

É certo que no momento do tratamento precisas moita axuda. Durante catro días non era quen nin de saír da cama. Ata a comer me tiñan que axudar! É un pesadelo, pero un pesadelo que nos da vida.

escanear-34 escanear-55

Recoñezo que tiven que chorar. Moito. Quizais todo o que non choraría despois. Álvaro tivo moito apoio no seu traballo, sempre lle deron a oportunidade de acompañarme.

Neste proceso, realizáronme uns estudos xenéticos que descubrirían que un xen –recordaredes o caso de Angelina Jolie- estaba a causar esta situación. As alarmas saltaron. Asusteime por Paula e miña prima irmá! Afortunadamente, este xen non estaba tan repartido.

 

Grazas por lerme en O meu outro refuxio!

–Leva sempre un sorriso contigo–