O Refuxio

Ata sempre, José! Sempre te lembraremos con moito amor.

Para min é super importante a familia que construín durante os 23 anos que levo ao frente do Refuxio. Esta fin de semana, José Otero Pena, un cliente fiel desde os meus comezos na hostelería, deixounos. E quero facer unha homenaxe persoal a el e a toda a súa familia. Empresario, xerente dunha imprenta, amigo, pai, avó, excelente persoa, … Non hai palabras para definir o que eras para min. Botareite moitísimo de menos. E a Isa, a túa muller, dicirlle que moito ánimo, que sei que é forte e que vai seguir loitando polos seus. É para min un día triste e cheo de recordos e anécdotas. Otero, como lle chamaba eu, foi e será sempre alguén que loitou moito na súa vida, e que amaba o seu pobo. Alguén que tiña as súas raíces en Senín, pretiño do Refuxio, e que sempre pasaba a visitarme, e ó que tiven o pracer de poder poñerlle a súa tartiña de wishky cada vez que viña. Sei que é un momento durísimo para os seus fillos, amigos e netos, pero pídovos moita fe, e recordar todos os momentos vividos.  Eu esta noite recordei todos os libros que me regalou nestes anos para os meus pequenos. Tamén recordei todas as maquetas hermosas de paxariños que me deu, e sobre todo, recordei os momentos vividos ao largo destes 20 anos nos que me sentaba na hora café a parlotear da vida con el. Recordei o día que este último ano quedamos para ir comer… Que ben o pasamos, e que ben comemos!  Otero, deixas un vacío enorme na familia Refuxio, pero levareite sempre no recordo. Deixas unha pegada enorme aquí, e por iso esta homenaxe chea de amor, que queremos que perdure por sempre.  Vai por ti e pola gran familia que conseguiches, amigo. Un bico enorme, que sexas moi feliz aló onte estés.

Ata pronto, amada Carixa!

Como sabedes todos os que me coñecedes de verdade, nacín para a hostelería, e hoxe é un día que ten un sabor agridoce, porque toca despedirse (por agora) da miña amada Carixa. Escribo estas palabras para deixar unha pequena pegada no recordo, e para que sepades o motivo polo que decidín deixar o Chiringuito. O meu amado Refuxio e a Casa con Encanto seguen a medrar, e cada día teñen máis potencial. Por iso, véxome na obriga de tomar esta decisión, e centrarme en desfrutar a tope destes 2 negocios que tantas alegrías me dan. Quero dar mil grazas, en primeiro lugar ao antigo alcalde por facerlle caso fai xa 15 anos a esta rapaza, que por aquel entonces era un torbellino, e lle explicou que quería abrir un local na Carixa. Púxome todo ao meu alcance para conseguilo. Tamén dar as grazas a todas e cada unha das persoas do equipo, que alí estiveron dándoo todo. Falo sobre todo de Antía, recollendo pelotiñas da mini piscina como dicía ela; de Dani, que tamén comezou ahí e se fixo un gran profesional; de Jose, que como sabedes segue agora ao frente de Dúas Liñas en Arzúa; de Marcos, que hoxe traballa no Refuxio; de Cecilia, que rexenta o Refuxio de Silleda; de Celsa e Sandra, que moitísimas veces viñeron quitarnos de apuros e venderon unha morea de xeadiños; de Elena, que tirou dese local como se fose dela; de Adriana, que tamén pasou alí un verán como uhna campeona; de Sandriña, que tamén o deu todo con cada un de vós.  Para todos eles só teño palabras de agradecemento. A parte de ser parte da empresa sodes parte da miña vida persoal, e iso é o mellor! Doulle moitas grazas á vida por ponerme no camiño xente tan marabillosa. Grazas Álvaro polo apoio incondicional e por axudarme a poñer en marcha o local. Sen ti moitas veces non sería posible! Pablo e Miguel, os meus amores, grazas por entender que mamá tiña que traballar mentres vós estabades xogando no parque. Medrastes na Carixa e por eso a amades tanto coma min. Sei que para vós aínda é difícil asimilar que mamá tomara esta decisión, pero é polo ben de todos. Agora poderemos desfrutar deste lugar tan especial para nós “desde o outro lado” e sentarnos tranquilamente a saborear un xeado xuntos.  Cando dixen na casa: “chicos, mamá deixa a Carixa”, a contestación de Álvaro foi: “fas ben”. A contestación de Pablo: “mamá, estas segura? É unha pena” Pero a contestación de Miguel deixoume pasmadiña: “mamá, colloa eu!” Eu respondinlle: “Miguel, só tes 15 anos”, e él díxome: “dá igual mamá, eu podo”.  Isto encheu o meu peito de orgullo, porque me ven moi reflexada no meu fillo.  Miguel, tes moito por diante antes de chegar aquí, pero nada me gusta máis que verte loitar polos teus soños. Quero tamén dar as grazas ao alcalde que temos agora, por cada vez que o chamei escoitarme e intentar entender as necesidades que ten a Carixa, todo un reclamo turístico que é ben para todos mantela coidada e en boas condicións.  Grazas a vós, os máis importantes, fieles clientes. Sen vós isto nunca tería sido posible. Para min, a Carixa supuxo unha enorme aprendizaxe. Deume táboas, sobre todo para sair de apuros. Moitas comunións, bautizos, vodas, cumpleanos,… Moitísimas celebracións se me veñen agora á cabeza, e só me dán satisfación e recordos preciosos. A comunión dos meus nenos, a da miña adorada afillada Carmen, as vodas de ouro dos avós, … Sei que aquí ,neste fermoso lugar, vai quedar a pegada da nosa familia para sempre. Pero sobre todo, vai quedar no recordó de moitísima xente.  Grazas infinitas polo apoio a todos e espero vervos no Refuxio para tomar unha caña ou para desfrutar da nosa cociña, ou na Casa con Encanto.  Desexo de todo corazón que a persoa colla o Chiringuito a partir de agora, o colla ca mesma ilusión que o collín eu, e que o ame eo desfrute moito. Pero deixo claro que esta despedida non é un ata nunca, senón un ata pronto. Dentro dun par de anos, coas voltas que da a vida, quizá a Carixa e eu (ou alguén da miña familia) nos volvamos a reencontrar. Quen sabe?

Miguel, 1º Premio do Concurso de Interpretación Mestre Vide!

Hoxe é un día destes que vai quedar no recordo!  O noso pequeno da casa, Miguel, membro do trío que temos en Casa con Encanto e o meu meniño traste, gañou o primeiro premio no V Concurso de Interpretación Mestre Vide do CMUS de Ourense. Cando tiña tan só 11 aniños presentouse, acadando  e por aquel entonces o 2º posto. Pero grazas ás ganas, a constancia e a perseverancia, este sábado acadou o 1º posto neste prestixioso concurso.  Facemos unha mención especial ao gran talento que amosaron todos os participantes, é unha ledicia comprobar que o futuro da música está máis que garantizado.     Miguel, este é un pequeniño homenaxe para ti, o meu pequecho, ese rapaz que sempre se levanta contento con mil cousas para facer durante o día (non sei a quen te me pareces) Nunca cambies, ogallá que sempre leves dentro ese neno feliz e ilusionado que eres, sempre pensando nos demais, co teu marabilloso carácter e sobre todo, con tanto talento dentro!  Pero é certo que o talento hai que traballalo día a día, e iso é o que máis admiramos tanto Papá coma eu de ti. Cada día intentando superarte e traballando moi duro para conseguir as túas metas. Sei que vas chegar a onde ti te propoñas, porque eres súper responsable e traballador. Por iso dicirche grazas por ser como eres, grazas por querer como queres cada cousa que tocas, e grazas infinitas por facer a teu irmán feliz (porque él quedou máis feliz ca ti con este logro!)  Tamén quero dar un agradecemento especial a Modas Carmiña, por vestir tan ben ao noso artista; ao seu profesor Germán, sen ti esto non sería posible; á escola de Arzúa por deixarlle todos os instrumentos necesarios para poder levar a cabo a súa actuación; á Banda de Merza, da que Miguel forma parte, por deixarlle as instalacións para que puidese estudiar cada día; e a cada un de vós, que estivéstedes ahí dando o voso apoio incondicional Grazas Miguel por demostrarnos que a vida é fermosa cada día ao teu lado. Querémoste infinito, Mamá, Papá e o teu amado Pablo.

Amor de filla infinito

Aquí sigo, Mamá.Nesta parte do mundo, desfrutando cada intre que me deu a vida. Intentando vivir todo como si fose esa neniña á que ti inculcaches todo o que hoxe considero que son. O primeiro legado que me deixaches é o de ser fiel a min mesma e amar todo o que toco como se me fose a vida nelo. Iso é o que me fixeches ver cada día, dende cada puntada que dabas tecendo os nosos vestidos, sen eu naquel intre poder percatarme do significado que hoxe terian para min os teus actos.Perseverancia, amor, sacrificio, ilusión, metas, satisfación, compromiso, paixón, … Valores e principios que hoxe corren polas miñas venas, e que ti me transmitiche. Que traballo máis grande fixeches, de verdade Mamá!!Eu quero enviarche unha adicatoria especial hoxe, o día do amor. O día deso que sempre encheu o teu corazón, repleto de bondade para todos os que te coñecían. Fúcheste xa fai 17 anos, nada máis e nada menos… Pero para min sempre quedaches ao meu carón, e ano a ano sigo amándote e recordando todo o bo que nos deixaches. Grazas infinitas por derrochar sabiduría no teu día a día, e grazas por deixarme o teu sorriso en momentos duros que nos toca atravesar na vida.Sei que onde estas dirás: “Natalia, fai así! Natalia! Natalia… Como cando me dabas os consellos eses que ti e eu sabemos e que naquel momento me sentaban tan mal, e hoxe son eu a que llos dá aos seus nenos. Teño a sorte de verme reflexada en ti, en escoitarte nas miñas palabras e verte nos meus actos. Ámote máis ca nunca! Grazas pola forza interior que me regalache. Que viva o amor incondicional!! Ese que nunca morre, ese amor que perdura no tempo, tan puro como o día que saín do teu ventre. Mamá ámote infinito. A tua nena,Natalia.

Vai por ti, Jose!

Onte foi un deses días “especiais” que teño a gran fortuna de poder celebrar rodeado da miña “familia” do Refuxio. Noite de grandes sentimentos e emocións recordando aquel día que entraches nas nosas vidas sendo un neno, con 18 anos recén cumplidiños, e dicíndome que querías ser camareiro. Recórdoo como se fose hoxe. Quen me ía dicir a min que este raparigo me iba a roubar o corazón!  Pois sí Jose, día a día pasaches a ser familia, amigo, fillo, irmán e hoxe quero facerche este pequeno homenaxe para que todos saiban o moito que te quero.  Sei que a túa vida non foi nada sinxela, pero tamén sei que che deu a sorte de poder ter aqui, neste teu amado  Refuxio; o cariño dunha avoa,  Celsa, que te ama con loucura, os consellos do Roxo, que eres o seu neno, e o amor incondicional de Adolfo ¡Cantos recordos da avoa Piedad! Grazas por coidarmos como se fosen os teus propios avós. Sabes que eles te amaban, grazas e mil veces grazas. Grazas tamén por xogar con Pablo e Miguel cando eran pequenos, coma se foran teus irmáns, (e darlle chuches ás miñas espaldas, que ben o sei😉).  Grazas por medrar como persoa ao meu carón. Como profesional estou super orgullosa de todo o que evolucionaches no Refuxio, e perdoa polas veces que exercín de “mamá” dándoche consellos como o faría cun fillo. Hoxe eres  un gran rapaz “jaja tiña que dicilo”.  Tamén quero dicirche que os teus compañeiros te adoran. Gran equipo e familia que conseguín formar neste Refuxio.  Grazas a todos facer medrar empresa “O Refuxio” que con tanto esforzo, sacrificio, constancia, perseverancia, ilusión,  ganas  e, sobre todo amor, pola nosa profesión sacamos adiante.   E sobre todo ti, meu Josiño, grazas por levar a empresa como se fose túa. E levar con amor, con ganas e con profesionalidade o noso catering a cada unha das casas que fomos. ¡Cantos recordos! Sin máis, hoxe péchase unha etapa para ti, pero ábrese outra.  Como sabedes fai uns anos decidín comprar un local en Arzúa, e fai oito meses abreu as súas portas. O primeiro que quero é dar un grazas enorme a ese fermoso pobo pola súa acollida. Un gran pracer en tan só oito meses deixar amigoS.  Decidín deixar o local e alquilarllo a Jose e ao seu socio Álex Cabanas.   Como sabedes, Casa Con Encanto e O Refuxio son a miña paixón e requiren todo o meu tempo e esforzo, sei que O Refuxio de Arzúa queda nas mellores máns do mundo, co seu selo persoal.  Sei que lles vai ir de maravilla porque cando se ama unha profesión, como a ama Jose ¡iso nunca falla! Deséxoche o mellor, e como che dixen onte “O Refuxio é, e será, sempre a túa casa e estarei sempre aqui para o que precises”.  Sen máis, a partir de agora Arzúa cambia de xerencia, non deixedes de ir.  Escribindo esto enchinme de chorar, un montón de recordos invaden a miña mente, pero de verdade estou super orgullosa de todo o que conseguimos da man.  Amigo, agora a loitas por conseguir as túas metas.  Unha aperta, Natalia. 

Adicado a Blas (de Natalia)

Hoxe no Refuxio (como sabedes, esta empresa parte do amor e o respecto) é un día especialmente duro porque faleceu Blas, o meu querido sogro.Sei que é super difícil afrontarnos á palabra “morte” pero quero sobre todo que os meus nenos e a familia máis  próxima teña fe. Que pense con amor, que teña o consuelo, dentro do posible, de que hai vida máis ala da morte.Sei que non vai ser fácil, e para min en especial. Cada día que pola mañá salia da casa para traballar dicíame: “Nena, pero non traballes tanto, desfruta algo que a vida é corta” … E eu sempre lle dicía: “A miña filosofia de entender a vida”.Agora mesmo Blas, teño solo tristeza. Por non poder darche un abrazo grande e diciirche grazas en vida por todo o que fixeches por min, nos momentos tan difíciles da miña vida e da do teu fillo. Cando a primeira vez que soubeches que estaba enferma fuxes a primeira persoa en dicirme: “O que che faga falta para ir a Pamplona, como se vendo o que teño”. Eso solo cho di alguén que te quere de verdade. Pídoche perdón por non darche un abrazo cada mañá ou un beso ás noites, e ás veces discutir contigo para que foses máis de viaxes e de festas. E decíasme: “Pero Natalia eu son feliz indo á viña, podando, esperando aos teus nenos para levalos onde precisen, facendo os teus recados…” E claro que entendo que eras feliz, porque cada un somos felices á nosa maneira, e ti á túa. Non quero despedirme, quero darche un abrazo moi moi forte e dicirche que coides dos meus que estan ahí, e dos teus… Que ao fin e ao cabo son os mesmos. Sólo quero dicirche gracias por ser o mellor avó que podian ter os meus nenos, por axudarnos tanto dende o dia un do seu nacemento. Por ser feliz á túa maneira como me dicías… Pídoche moitísima forza para a túa familia, que a necesitan. E quedémonos con estas fotos e estes recordos dende o amor e o respecto que che teño eu e esta empresa. Tamén no medio quero darlle moita forza a Álvaro, Pepe, Divina e Amalia, aos meus nenos e sobriños, aos amigos, á miña sogra preferida, a mellor a mais amorosa e a que sempre se adicou en corpo e alma a ti. Ánimo e moito amor pa afrontar isto.

Un día moi especial!

Hoxe é un dia foi especial para min… Cumplo 40 aniños!!  Quero dar  as gracias a moitas persoas, pero primeiro, á miña nai.Tiven a sorte de ter a mellor das nais, gracias por darme a vida, por ser tan marabillosa e porque gracias a ti, hoxe podo estar aquí “dando guerra”. Ámote Mamá, ogallá que estés onde estés, te sintas moi orgullosa da túa nena. Tamén quero dar gracias a Deus, por darme a oportunidade de poder VIVIR, así, en maiúsculas. Como moitos de vós xa sabedes, pasei momentos moi difíciles e o meu desexo de cumpleanos sempre era poder celebrar un ano máis de vida.Hoxe quero pedir unha vez máis o mesmo desexo… Seguirei pedindo vivir, seguir rodeada dos meus e ser feliz. Gracias ao meu marido e aos meus nenos por encherme o corazón de amor cada día, e acompañarme neste camiño. Por último, quero agradecer a todos os amigos e familia por darme sempre esa calor e humanidade tan necesarios na vida. Gracias tamén á gran familia do Refuxio (porque así vos sinto, familia). Sodes os mellores amigos, compañeiros e persoal que calquer xefe podería desexar. Gracias de corazón a todos, por tanto.

Ata sempre, Avó.

Hoxe é un día triste no Refuxio. Despedimos ao avó Adolfo, fundador desta taberniña que amo tanto… Da súa man deu os seus primeiros pasos o Refuxio, aló polos anos 50. A pesar da tristura que sentimos, non podemos mási que lembrar todas as ensinanzas, bos recordos e amor que nos deixa. Tanto para min como para empresa fuches TODO. Estas ao teu carón era unha aprendizaxe diaria e continua. Para min non só fuches o mellor avó do mundo, fuches o meu guía e maestro, unha persoa que sempre me apoiou tanto persoal como profesionalmente, e que o deu todo por min. Só teño palabras de agradecemento á vida por deixarme desfrutar de ti, que durante 90 anos viviches preocupado por medrar persoal e profesionalmente. Sempre cun sorriso na cara e metidiño de cheo ata fai uns meses na empresa. Sempre me contaches mil batallas, que eu escoitaba feliz e agora levarei para sempre na miña memoria. A túa vida non foi fácil… Guerra Civil, época do Wolframio, tarballando moi duro como peón de obras e cunha empresa de madeira. Sempre loitando pola túa familia e polas persoas que te rodeaban. Sei, como me contabas, que empezaches sen ter un tenedor… Pero avó, quedoume claro que conseguiches todo por ti e pola gran familia que te rodeou (falo da avoa e de mamá, unhas fenómenas de mulleres que sei que te van acoller co mellor dos abrazos alí onde estén). Quero dicirche que deixas un vacio enorme dentro desta empresa, pero ao mesmo tempo déixanos mil vivencias, mil sonrisos… Deixas moitísimos netos, porque todos te chaman “abuelo”. Danme ganas de rir ao lembrar cando entrabas na cociña e lle dicías á cociñeira: Carmen, esta a tapa… E marchabas día tras día facer o reparto da comida. Moitas veces dicíache: Abuelo, eres moi maior… E ti contestábasme que estabas xenial. Deixábasnos alucinados cando repartías comida a xente da túa idade. Chegabas e dicíasnos: Quedaban ben. Gracias avó!  Ou cando te mandábamos a Silleda vairas veces ó dia porque faltaban tapas e dicías: Vou contento, pero gasto a paga invitando. Cando iamos a Ourense co catering e axudaches  a vaciar 5 sacos d pataas porque estábamos a tope, e ahí chegaches. E tantos miles de recordos me veñen á mente… Grazas abuelo, de verdade. Ámote e seguirei o teu legado. Tamén quero dar as grazas a toda a Familia do Refuxio. Aos seus “netos” da empresa. Empezo por Celsa, a súa outra filla postiza que amaba tanto. Carmen Martínez Louzao ,15 anos ao seu carón; foi a súa mellor pinche. A Cecilia, a Jose, a Tamara, a Sandri, a Sandra, a Marcos, a Antía, a Nati, a Anca, a María Jesús Ferro, á tía Alicia, a Pepa, a Mariló, a Merche, a Tami, a Antía, a Eva, A Ángela, a María Lamela, a Patri de cociña, Laura, Daniela, Yanina, Iulia, … Grazas de corazón a todos por coidalo, por darlle cada día o seu leite con galletas ou que él quixera. Nunca olvidarei o que o amastes, e as risas que nos temos botado con él. Tiña moitos netiños, porque sempre o tratástes como a un avó, e deixástedes unha huella imborrable. Grazas, e feliz despedida a vida avó.

Hoxe é un día especial.

Hoxe é un día moi especial para min, e preguntarédesvos por que… O 16 de setembro de 2010 sometinme á miña primeira (que non última) operación para intentar acabar co cancro que se quería apoderar do meu corpo. Afortunadamente, e despois dun longo proceso e recaidas que duraron varios anos, hoxe podo berrar aos catro ventos que gañei eu, que esa loita enfurecida que me arrincaba as forzas tivo un final feliz, moi feliz. Neses momentos tan complicados no que a mente se anubra, as forzas se encollen e o medo empeza a tinguilo todo, fun quen de sacar enerxía e valentía para berrar moi forte que eu amaba a vida, e que non deixaría que nada nin naide intentase arrebatarma. Por suposto, a batalla foi moito máis doada porque tiven un exército que me apoio incondicionalmente cada segundo. O meu marido, a miña nai, as miñas irmáns, amigos, compañeiros de traballo, e por suposto, os meus fillos. Nunca terei suficientes palabras nin xestos para devolverlles unha mínima parte de todo o que me deron, amor, comprensión, paciencia, alegría e moitas moitas ganas de vivir. Asíque hoxe celebro a vida un día máis, e dou gracias por todo e todos os que forman parte dela. Nunca deixedes que pasen os días sen ter a sensación de telos desfrutado e aproveitado ao máximo. Deséxovos o mellor a cada un de vós e sobre todo que sexades moi felices e valoredes o que tedes. Grazas!

13 anos de amor

Hoxe fai 13 anos que Álvaro mais eu nos demos o si quero! Como voa o tempo!  Un ano mais ao teu carón cheo de cousas novedosas pero o mais importante e seguir sentindo ese sentimento que por aquel entonces nos uneu. O amor. E tamén quero facer unha mención especial a ese pequeno que fai 13 anos non uneu, o meu pequeño Pablo. Este neno que xa é medio home e que nos da tanto nas nosas vidas. É un neno encantador e moi bo. Non o cambio por nada! Amigo dos seus amigos, moi cariño cos seus e sobre todo coa sua mamá. Despois duns días en Punta Cana a onde nos fomos de vacacións os catro, Pablo trouxo unha pequena bacteria e está maliño. Dende aquí o animo e digolle que non é nada e que nuns días todo volverá a normalidade. Eres o motor das nosas vidas! Álvaro, gracias por estes 13 anos de vida xuntos e gracias por ser un bo pai e sobre todo un gran amigo de batallas porque penso que nesta vida temos que ir batallando día a día o que nos toque vivir pero quedarnos sempre co mellor de todo. Temos que ser felices pase o que pase. Iso é o que quero na miña vida, felicidade na medida do posible. A vida sempre trae sorpresas e hai que vivila sempre a tope e ver o lado bo das cousas. Ano tras ano intento ser sempre mellor persona, mamá, amiga, parella, xefa… e ese é o meu reto para este 2020 e espero poder conseguilo. Gracias Álvaro por todo e por tanto ao meu lado.