Hoxe é un día moi especial para min, e preguntarédesvos por que…
O 16 de setembro de 2010 sometinme á miña primeira (que non última) operación para intentar acabar co cancro que se quería apoderar do meu corpo.
Afortunadamente, e despois dun longo proceso e recaidas que duraron varios anos, hoxe podo berrar aos catro ventos que gañei eu, que esa loita enfurecida que me arrincaba as forzas tivo un final feliz, moi feliz.
Neses momentos tan complicados no que a mente se anubra, as forzas se encollen e o medo empeza a tinguilo todo, fun quen de sacar enerxía e valentía para berrar moi forte que eu amaba a vida, e que non deixaría que nada nin naide intentase arrebatarma.
Por suposto, a batalla foi moito máis doada porque tiven un exército que me apoio incondicionalmente cada segundo. O meu marido, a miña nai, as miñas irmáns, amigos, compañeiros de traballo, e por suposto, os meus fillos.
Nunca terei suficientes palabras nin xestos para devolverlles unha mínima parte de todo o que me deron, amor, comprensión, paciencia, alegría e moitas moitas ganas de vivir.
Asíque hoxe celebro a vida un día máis, e dou gracias por todo e todos os que forman parte dela.
Nunca deixedes que pasen os días sen ter a sensación de telos desfrutado e aproveitado ao máximo. Deséxovos o mellor a cada un de vós e sobre todo que sexades moi felices e valoredes o que tedes.
Grazas!