O Refuxio

Un día moi especial!

Hoxe é un dia foi especial para min… Cumplo 40 aniños!!

 
Quero dar  as gracias a moitas persoas, pero primeiro, á miña nai.
Tiven a sorte de ter a mellor das nais, gracias por darme a vida, por ser tan marabillosa e porque gracias a ti, hoxe podo estar aquí “dando guerra”. 
Ámote Mamá, ogallá que estés onde estés, te sintas moi orgullosa da túa nena.

Tamén quero dar gracias a Deus, por darme a oportunidade de poder VIVIR, así, en maiúsculas. 
Como moitos de vós xa sabedes, pasei momentos moi difíciles e o meu desexo de cumpleanos sempre era poder celebrar un ano máis de vida.
Hoxe quero pedir unha vez máis o mesmo desexo… Seguirei pedindo vivir, seguir rodeada dos meus e ser feliz. 
Gracias ao meu marido e aos meus nenos por encherme o corazón de amor cada día, e acompañarme neste camiño.

Por último, quero agradecer a todos os amigos e familia por darme sempre esa calor e humanidade tan necesarios na vida. 
Gracias tamén á gran familia do Refuxio (porque así vos sinto, familia). Sodes os mellores amigos, compañeiros e persoal que calquer xefe podería desexar.


Gracias de corazón a todos, por tanto.