O Refuxio

Foi posible pese a todo e grazas a todo

Foi posible. Foron posibles todos os meus proxectos. Pese a todo e grazas a todo. Formada en dirección de cociña, o meu soño é agora poder ensinar a outros nun futuro. Mentres, disfruto o meu día a día. Con estes relatos só pretendo tratar de axudar, se é posible, a calquera persoa que poida atoparse … Ler máis

Permitinme vivir e que o cancro fose unha forza, nunca un impedimento

Co descubrimento deste xen, souben con toda seguridade que o cancro me afectaría á outra mama e tamén aos ovarios. Logo dun duro proceso de quimioterapia, fun intervida quirúrxicamente e, de modo preventivo, decidimos extirpar a segunda mama. Estaba decidida a facelo cando me diagnosticaron cancro no outro peito. Voltaba comezar todo. Debería pasar polo … Ler máis

Foi en Semana Santa. Diagnosticáronme cancro.

Tiña a gran fortuna de ter a Álvaro ao meu carón. Miña nai non estaba connosco pero seguía rodeada de persoas marabillosas. Entre eles, os nosos dous nenos, que acababan de chegar ás nosas vidas. O tempo ía pasando e chegara Semana Santa. No restaurante a actividade era frenética. Un non parar. Un día, neste … Ler máis

Que fago? Como sigo adiante? Precisaba respostas

Que fago? Isto foi o que preguntei no momento de perder a miña nai. Como vos dicía, naquel entón estaba embarazada de seis meses. Abriramos O Refuxio facía un tempo. Con moita ilusión. Pero iso ocuparanos un pouco máis adiante. Naquel momento, só pechei as súas portas un día. Meus avós, meu pai, miña irmá, … Ler máis