O Refuxio

Felicidades Paula e Álvaro!

Esta fin de semana foron os cumpreanos de duas persoas moi importantes da miña vida. Miña irmán Paula e o meu marido Álvaro. Para miña irmán so teño palabras de amor e quero desexarlle o mellor no seu novo proxecto como Directora da Residencia de Maiores de Silleda. Gracias por darme esos sobriños tan fermosos que teño. So quero que disfrutes e o meu consello é que vivas sen importar nada. Quérote. E para ti Álvaro que che vou decir que non saibas. Aproveito para felicitarte polo teu cumpreanos, aproveito para felicitar ao amor da miña vida. Ámote hoxe e sempre. Felicidades aos dous!

O meu neno cumpre 12 anos

Adórote. So teño palabras de agradecemento á vida por darme a oportunidade de ter esta xoia de rapaz. Nunca me cansarei de dar as gracias, por terte. Que sorte experimentar o de ser nai, fai xa doce anos, a verdade e que case non me creo que Pabliño, o meu neniño cumpre xa 12 anos! A vida vai así de rápido! Quero dedicar as palabras deste blog a él, por valiente xa no momento de estar na barriguiña con todo o que tivo que pasar, por superarse no seu día a día, por ser bo compañeiro, o mellor irmán que podía ter Miguel, o mellor fillo e sobre todo moi boa persoa. Sei que vas a ser o que ti queiras na vida, pero o mais importante para os teus papás e que medres como persoa, e xa sei que eres todo un homiño! Por eso che desexo un feliz cumpreanos! Tanto eu coma o teu pai e Miguel queremoste moito! Disfruta dos teus 12 anos!

38 anos no que o reloxo non para

Onte cumprin 38 anos e quero comezar dicindo gracias e mil gracias aos que onte tivestes un minuto para parar e darme un feliz cumple. Cada día sinto mais ánimos por estar viva. A verdade e que cada ano que pasa teño mil agradecementos á vida por darme a gran oportunidade de ver como medran estes dous tesouros, e non quero, deixar pasar a ocasión de felicitar aos meus pais. Sen eles tampouco seria posible esta celebración, a vida. Sobre todo á miña querida nai, sei que sempre estas ahí no meu corazón. Amote mais ca nunca. Invito a todos a reflexionar no día de hoxe con estas pequenas lineas que tamén son de axuda para min. Vivimos nunha sociedade de tecnoloxías, de prisas, de decirlle adeus á xente e non parar. De non recibir unha soa carta. Parece que vivimos nunha sociedade surrealista. Doume conta que o reloxo vai demasiado de prisa. Hai que pensar sempre en positivo, a min é o que me leva a ter un proxecto e levalo a cabo cada día. Intento esforzarme para ser mellor profesional xa que estou formada en Dirección de Cociña pero a mellor aprendizaxe é o día a día e a vida en si, a xente que te rodea. Cambiei moito como persoa pero cada día doume mais conta que sei o que quero, SER FELIZ! E sei que si o son, gracias a esta familia e ao proxecto que medra cada día. Chegou o momento de poñer a esta “taberniña” como un referente a nivel comarcal. Cando alguén quere algo so ten que marcarse un obxectivo, porque se pode conseguir. Quero dar as gracias tamén a Alvaro porque foi sempre un pilar fundamental da miña vida, ao meu avó, a Celsa e a todo o persoal do Refuxio porque sei que sen eles non o conseguiría. Estou metida nun proxecto increible, nunha transformación do Refuxio que moi pronto verá a luz. 38 anos xa! Era onte cando tiña 20! E cun proxecto novo de negocio, a punto de abrir o restaurante despois das reformas e de formarme como profesional do sector. Precisamos non ter reloxo para ser super felices. Gracias a tod@s polas felicitación e a seguir cumprindo!

Sempre hai un oco para ser feliz

Sabedes que amo a hostelería pero os meus fillos teñen un amor moi grande por todo o que fan. Aquí vos deixo unha demostración! Todos os martes él é o seu irmán veñen aprender un oficio que non sei se lles valerá para un futuro pero o que si sei é que o aman tanto coma min. No verán é moi complicado que poida ter vida familiar por tanto traballo, pero estes momentos son os que me enchen o corazón nos momentos libres. Ámovos pequenos! Consello aos que tendes moito traballo: intentade dar un respiro aínda que non teñades tempo! Sempre hai un oco para ser feliz!

Temos os dous chiringuitos de A Carixa para o verán!

Si! Hoxe estou moi contenta porque imos rexentar durante os próximos anos os chiringuitos da area biosaudable de A Carixa, os dous! Quero invitar a toda a xente a que veña disfrutar deste paraxe único! Estou super satisfeita co logro que conseguimos, algo que non a todo o mundo lle sentou ben, pero dende a xerencia da empresa queremos expresar o amor infinito que lle teño ao meu pobo. Estades invitados a vir a esta paraxe natural, esta paraxe de todos. Quero facer hincapé  en que estou super orgullosa de participar nunha subasta super transparente, aínda que dende o aspecto persoal me da pena ter que competir con xente cercana e que non sempre teñen os mellores sentimentos hacia un. Quero facer hincapé en que isto é de todos e para todos. Podedes vir disfrutar das vosas comidas, ceremonias… Xa sabedes que estamos moi satisfeitos de atendervos. Hoxe celebro ser feliz e desexo que cada día sexamos mellor. Sempre intentamos dende a xerencia dar o mellor que sabemos con humildade e ao final o que aprendín neste proceso e que non son capaz de ter rencor. Enfádome moitísimo por inxustizas, por cousas que falan e que non te esperas pero no fondo penso: que pena por eles que teñen ese sentimento tan horrible! Moi pronto teredes noticias de como imos traballar este verán!

37 anos de loita e felicidade

Hoxe é o meu cumpreanos. Hoxe fai 8 anos que me detectaron cancro. Si, era Xoves Santo e ahí comezou todo. Pero hoxe estou feliz porque celebro un ano mais de vida. Gracias á forza dos meus seres queridos seguín e seguirei loitando por todos eles. E por todos vos que sodes parte importante do meu amado Refuxio porque sen vos nada sería igual nestes 15 anos de vida. Cumpro 37 anos, 37 anos de ilusión e amor polo que fago. Nacín e crieime entre fogóns e agora consolideime formándome en Dirección de Cociña. Pero o que de verdade sinto é que medro como profesional no meu día a día. Aínda que o que mais me gusta é medrar como persoa, iso é o que mais me satisfai de todo.   Gracias por estar ahí.

11 anos en ELA. A muller que mais amei.

Hoxe, 13 de febreiro, fai 11 anos que despedimos ao ser mais amado da miña vida e non quería deixar a ocasión de dedicarlle unhas palabras fermosas por darme a vida.Nunca me cansarei de dicirlle o que a amo, e o que significa para min. Día a día está nos meus pemsamentos. O que me gustaría hoxe é contarvos algunha anécdota que vivín con ELA, sobre todo para poder axudar a esa xente que hoxe se siente sen forzas. ELA como sabedes loitou ata que decidiu partir con todo o amor do mundo e díxonos ata pronto. E iso fixo porque cada día a sinto moi preto e axudámonos nas miñas metas e no día a día. Un día coma outro calquera dixome: “imos por unhas leitugas Natalia? E dixenlle: vale mamá! Deus, canto amo esa palabra MAMÁ e canto voto de menos poder dicila. Disfrutade das cousas, dígovolo dende o corazón…Pois como vos dicía esa mañá fomos ata a finca despois de poñer as primeiras leitugas e douse conta que se lle escapara unha prótesis do peito e que sen querer lle dera ca sacha, si coa sacha de por as leitugas. Deus! Miramos unha para a outra e tivemos que deitarnos na finca con dor de barriga das risas que nos pegamos, así e como ELA vía esa enfermidade. Por iso hoxe necesito dicirvos que tentedes do malo, sempre quitar algo positivo. Hoxe como cada día fagoche honra de ser como eres mamá. Gracias por axudarme a ser cada día mellor. Amote dende a Terra e sei que ti me amas dende o ceo.

Un viva para o home mais loitador que coñezo

Hoxe é un día especial para o meu abuelo e non quería deixar pasar o día sen dedicarlle unhas fermosas palabras, aínda que sempre me vou quedar corta en palabras. É unha persoa super loitadora e traballadora que a vida lle puxo moitos obstáculos e que cos seus 88 anos recén cumpridos vive no Refuxio xa que foi o seu creador. El e a miña avoa fundaron O Refuxio. É moi loitador. Chegou a mercar o coitelo e o tenedor para poder comer que non tiña nada e con traballo e sacrificio foi adiante. Tivo grandes compañeiras na vida, que foron a miña avoa Piedad e a miña nai que sempre estiveron ao seu carón. Iso foi unha axuda para que el puidese medrar. Hoxe segue coa mesma vitalidade, segue levándome as tapas a Silleda cada día, segue con esa ansia de pelar un saco de patacas, mellor un enteiro que unha metade, segue coa ansia de darlle aos animais, de coidar a horta, de levarlle a comida todos os días a unha persoa que se lle reparte dende o catering e él quere levarlla; e iso que el ten 88 e a señora 90 anos. Pero síntese capaz de levarlla todos os días. Persoas coma el son as que me fan darme conta todos os días de que hai que seguir adiante e loitar. Quero darlle as gracias por estar conmigo, por estar connosco e sobre todo por axudar a medrar esta empresa. Vivan os teus 88 anos! Espero que o celebres como te mereces!

Once anos. Once anos de felicidade.

Día trece de xaneiro , fai 11 anos si, once anos que a esta hora estaba na perruquería poñéndome guapísima para chegar ao altar e dar o si quero a Álvaro. Deus como pasa o tempo! A verdade e que non nos damos conta do rápido que pasa esta vida ou creo que non nos damos conta ata que recordamos con nostalxia parte das nosas experiencias anteriores. Teño que dar as gracias infinitas a poder cada ano recordar o anterior. Ese día foi fermoso. Casamos en Merza, neste fermosísimo lugar que a verdade naquel entonces non sabía que iba ser onde afincaríamos as nosas raices. Por aquel entonces tiñamos en mente formar unha familia que xa estaba dando o seu fruto na miña barriguiña. Si, Pablo xa nos acompañou a esa fermosa ceremonia. Creo que o destino xa nos deparaba quedarnos en Merza. A semana anterior á voda estreamos un piso en Silleda pero o destino fixo que acabáramos en Merza Amo este pobo! Como vos dicía ese día foi fermoso. 345 persoas nos acompañaron no acontecemento, un día súper especial onde casaba unha rapaza que amaba todo. Que realmente era moi inxénua que non sabía que a vida tiña deparado para ela moitísimas cousas e que de cada unha delas iba a quitar unha ensinanza. Ó seu caron estaba Álvaro, super festeiro e super formal á sua vez. Moi amigo dos seus amigos, que día a día na sua compañía fomos coñecéndonos e intentando correxir cada un de nos o que nos molestaba do outro. O amor verdadeiro é o que pasa obstáculos e os vas superando como se fose unha partida de axedrez, este é o amor verdadeiro porque todos sabedes que a vida, como din os nosos maiores, non é de cor de rosa. Pero o que pretendo transmitirvos eu é que fagamos a nosa vida o mais de cor rosa posible, algúns consellos que me permito darvos coa intención de poder axudar. E que os malos momentos van e veñen pero hai que intentar tomalo coma esa peza de axedrez que falamos onde cae a dama e na seguinte partida xa está levantada. Cada mañan intentade despertar co amor mais infinito a todo o que fagades: ó traballo, os nosos veciños (aínda que algunhas circunstancias sexan difíciles ou non te fales con algún ti desexalle o mellor, o teu corazón agradeceracho), á tua familia , os teus inimigos, etc..En definitiva, rodeádevos da vosa xente mais querida. Agora a miña sensación de cada día é que o día me pasa moi pronto e que quero disfrutar de tantas cousas que pola mañan escribo na axenda esto, mais esto, mais esto… e chega unha hora e digo Deus! xa pasou o día! Pero quédome que co que fixen, fixeno cun amor infinito, é o que non me dou tempo na miña vida laboral queda para mañan. Polo que o regalo que mais ilusión sei que lle fai a Álvaro é o meu tempo. Non é un agasallo que me coste cartos, nin teño que andar a correr buscando, a verdade levoume case 11 anos descubrilo, que este home o que quere é tempo ca sua muller e a sua familia. Iso che vou a dar, tempo. Gracias por darme ti estos fermosos 11 anos e ensinarme que o tempo é gratis que non teño que traballar mais horas que da o reloxo, que menos é mais, que ter tempo é poder xestionar mellor todo e con mais cabeza. Por iso e porque te quero douche moitísimos parabens e un enorme abrazo de amor infinito.

Un ano dun gran alquilado

Hoxe fai mais dun ano que teño este fermoso local alquilado a unha xente maravillosa, concretamente a Mohsan que rexenta o Madina Doner Kebab de Silleda. Por iso quero desexarlle dende aquí “feliz cumple de alquiler” e espero que celebremos moitos mais xuntos. A verdade e que tiven a sorte de coñecer xente cunha cultura e un pensamento moi diferente ao noso pero dinme conta que cuns sentimentos e corazón fermosísimos. O final, somos todos iguais. A decoración do local foi obra miña e foi feito con moita ilusión. Durante 8 meses traballámolo como un Gastrobar pero o cansancio non me permitía dedicarme ao Refuxio de Merza polo que decidín alquilalo. A verdade e que chegaron varios candidatos pero ningún me despertou esa enerxía positiva coma Mohsan. É a bondade en persoa. O final sorprendeste da xente que atopas pola vida e que  se acaban convertindo en amigos sexan de onde sexan.